Animádevos a contar, a ler, a recitar, a dramatizar os venres na biblioteca!
Este venres, Venres de conto, Iria López de 5º de Primaria leunos, para todos os grupos de Infantil, un vistoso álbum ilustrado.
Un libro sobre a aceptación, a tolerancia, a inclusión, a amabilidade, a xenerosidade, querer aos demais e quererse a un mesmo tal e como se é que nos vai abrindo o camiño para celebrar o luns o Día da Non Violencia e a Paz
Esta semana escoitaremos aWolfgang Amadeus Mozart nacido en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791. Está considerado un dos máis grandes compositores da música clásica europea, con influencia en todos os compositores posteriores, incluso en Ludwig van Beethoven.
A súa obra abarca todos os xéneros musicais da época, alcanza máis de seiscentas creacións.
Na súa nenez mostrou unha capacidade prodixiosa no dominio de instrumentos de teclado e violín. Con só cinco anos xa compuña obras musicais e as súas interpretacións gozaban de gran aprecio.
Iniciamos trimestre, iniciamos libro no Club de Lectura de "Os Belulectores": Mamá, quero ser Ziggy Stardust escrito por Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro, editado por Xerais.
É fantástico ler e compartir opinións arredor da lectura!
Esta semana escoitaremos "O reloxo sincopado" (1945) do compositor estadounidense Leroy Anderson.
Que sabes de... Pablo Ruiz Picasso foi un gran artista español que naceu en Málaga, viviu en A Coruña sendo un neno e a maior parte da súa vida en París. Realizou pinturas, esculturas, cerámicas... É un artista importante do século XX.E
Este cuadro fala do agarimo, do amor, da amizade…. Unha man dá e outra recibe; mans anónimas que transmiten uns sentimentos que non poden ser máis que alegres e fermosos. Se te fixas neste ramo de flores, as mans que o suxeitan teñen que ser por forza de dúas persoas distintas. Esas mans representan a amizade.
Durante esta semana escoitaremos aos Rolling Stones, banda de rock británica, fundada en 1962, é unha das máis lonxeva do panorama musical.
Cancións como: I Can`t Get No, Satisfaction, Start Me Up, Sympathy For the Devil, Paint it Black forman parte da memoria colectiva.
A canción desta segunda semana é "I Can`t Get No, Satisfaction" composta por Mick Jagger e Keith Richards.
Feliz semana!
Que sabes da CERÁMICA?
A cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado.
Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro.
A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela.
Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.
Con esta iniciativa preténdese fomentar a vosa implicación no desenvolvemento da biblioteca escolar.
Gustaríanos crear un grupo de persoas voluntarias, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías... que colaboren no seu funcionamento en horario non lectivo (aproximadamente unha tarde ao mes).
Outras actividades que se levarían a cabo serían: préstamo de maletas viaxeiras personalizadas, contacontos para familias, roteiros literarios, obradoiros, cine...
Si estades interesados ou interesadas cubride este formulario https://forms.gle/n6wkxxiKWQnNSeiY9 ou apuntádevos persoalmente na biblioteca.
Animádevos a participar!
Contamos contigo!
O xoves 19 de xaneiro ás 16,30h na Biblioteca celebraremos unha reunión informativa. Esperámosvos!
Iniciamos novo ano e novo trimestre escoitando aMarcha Radetzkydo compositor austríaco Johan Strauss (pai).
É costume que esta peza musical peche os concertos de Nadal, o público asistente marca con palmas o ritmo ao tempo que o director da orquestra o dirixe.
Pintor, deseñador, editor, gravador, escritor, xornalista, ilustrador, ceramista, promotor cultural... Luís Seoane é un dos artistas máis completos de Galicia e o primeiro en apostar por diferentes medios de expresión.
Luís Seoane naceu en Bos Aires o 1 de xuño de 1910, fillo de emigrantes galegos que regresaron a Galicia en 1916, primeiro á cidade da Coruña e despois a Santiago de Compostela, onde estudou Dereito e ingresou en círculos culturais e artísticos.
Abriu o camiño da renovación en Galicia onde realizou as súas primeiras exposicións de debuxos e acuarelas.
A súa obra foi exposta en diferentes lugares: Bos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas, Hamburgo...
As nosas felicitacións para Raquel (alumna en prácticas durante o curso 21/22 e unha valiosa contadora de historias)por ser unha das premiadas nos premios Sofía Novoa convocados pola Deputación de Pontevedra polo seu traballo de Fin de Grao “O traballo por proxectos e o álbum ilustrado para promover a igualdade de xénero en Educación Infantil”, relacionando o traballo por proxectos e o álbum ilustrado para abordar cuestións de xénero e promover a igualdade en 5º de Infantil.
O martes 10 de xaneiro ás 18,30h teremos xuntanza do club de lectura arredor do libro "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Tibuleac.