Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións

8 de mar. de 2024

Día da Muller 2024

Para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8M, relacionado co Proxecto Documental deste curso, cada grupo realizou unha pequena investigación sobre unha muller deportista.  Podían ser deportistas moi coñecidas ou tamén deportistas da contorna.





Os voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria, en Arts and Crafts, deseñaron carteis para reivindicar a igualdade entre as persoas.

 

 

Polos corredores, na entrada está exposta bibliografía relacionada con esta data, libros de contos protagonizados por mulleres, libros de poesía. En diferentes idiomas, galego, español e inglés.

 





 Parabéns a TODAS, de todas as idades, de todas as razas, de todas as condicións...

Un agasallo... un poema de María Reimóndez, As que rubimos montañas, con música de Uxía e Guadí Galego.

 

13 de mar. de 2023

Xogando polo 8M

 As nenas e nenos de 6º de Primaria dos colexios de Torre-Cela e do noso centro participaron dunha xornada de convivencia onde os xogos sen estereotipos de xénero foron o punto de partida xa que o próximo curso compartirán aulas no IES Illa de Ons de Bueu.

Estos xogos foron organizados polo CIM do Concello de Bueu coa colaboración da Asociación Xoán XXIII.

Foi unha xornada moi colaborativa!

12 de mar. de 2022

8M. AS MULLERES DA NOSA VIDA

 Ao longo destas semanas estivos traballando nos diferentes niveis arredor de 

AS MULLERES DA NOSA VIDA, mulleres especiais que nos acompañan sempre.





Na entrada e nos diferentes corredores houbo expositores para gozar coa lectura arredor da igualdade e de biografías de diferentes mulleres.



Visita o blog de Infantil para coñecer a máis mulleres únicas e marabillosas:

 http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com/2022/03/8-de-marzo-o-meu-exemplo-de-muller.html





10 de mar. de 2022

8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Muller estivo con nós o grupo de Beluso "A Quinta Ferreña". Grupo de pandeireteiras que no seu inicio estaba integrado soamente por mulleres, que busca a integración de todas as persoas.

As pandeireteiras son agrupacións musicais que empregan as pandeiretas como acompañamento principal para cantar e bailar.

Mulleres anónimas, poetas, algunhas sen saber ler nin escribir, que manteñen viva a tradición oral.

A igualdade de xénero non é un problema das mulleres é un camiño.

Nunca é demasiado tarde.



Moitísimas grazas por acompañarnos nesta data tan especial!

12 de mar. de 2021

"MARUXA"

As nenas e nenos de 6º de Infantil dramatizan, dun xeito moi fermoso, o álbum ilustrado "MARUXA"


Precioso álbum ilustrado que narra como Maruxa, cansa de facer o pan todos os días, decide dar unha lección a Pepiño e mostrarlle que o traballo na casa é cousa de dous.

Humor, reflexión e un sorriso móstranos como se fai o pan e a procedencia dos seus ingredientes.

Texto de Eva Mejuto, ilustracións de Mafalda Milhôes é a adaptación dunha canción tradicional polaca. Está editado por OQO editora.
Este libro foi seleccionado como un dos mellores libros de cociña do mundo nos premios Cookbook Gourmand Award 2014.

MOITAS GRAZAS AMIGUIÑOS 
POR RECORDARNOS QUE 
TRABALLO E DESCANSO SEMPRE EN COMPAÑÍA.



9 de mar. de 2021

Os soños poden facerse realidade: 8 de Marzo.

Hoxe, 8 de marzo, tivemos unha nova Conexión Biblioteca na que Xavi e Yanira de 6º de Primaria nos presentaron a exalumnas futbolistas. Queredes coñecelas?

https://www.youtube.com/watch?v=hfm62OnjM68


Tamén nos presentaron a Eva e Ariane, dúas futbolistas que nos transmitiron que os soños poden facerse realidade e queremos que as coñezades:



E, para rematar, escoitamos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" relatado polo alumnado de 3º de Primaria.

https://www.youtube.com/watch?v=mEF_5tWTs28



Grazas, a todas as persoas participantes por transmitirnos a necesidade de acadar a igualdade entre xéneros.










8 de mar. de 2021

8 de marzo: DÍA DA MULLER

 Cada 8 de marzo conmemoramos o DÍA DA MULLER para recordarnos que a igualdade,

a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos para avanzar cara

a unha sociedade máis xusta, pacífica e sostible.

Ponte a proba con este genially:

https://view.genial.ly/603d148ddbdb4b0d14453228/interactive-content-mulleres-futbolistas

COMPROMÉTETE COA IGUALDADE DE XÉNERO!

O sexo non determina as capacidades persoais porque:

Todas e todos somos capaces.

Todos e todas somos esenciais.

Todas e todos somos importantes.

Todos e todas somos imprescindibles.

Todas e todos somos responsables.

Todos e todas somos diferentes.

Todas e todos somos iguais.

A IGUALDADE É TAREFA DE TODOS E TODAS!

FORMAS PARTE DA XERACIÓN IGUALDADE!

FELIZ DÍA DA IGUALDADE!



28 de feb. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Nesta primeira quincena de marzo, adicaremos as audicións musicais a mulleres que destacaron e destacan no mundo da música.

Comenzamos esta semana con dúas voces imprescindibles na historia da música: Aretha Franklin (Coñecida como a raíña do soul) e Billy Holiday (Unha das máis grandes do Jazz). 

Escoitaremos dúas cancións emblemáticas : "Respect" que se convertiría nun himno feminista e "Strangers fruit" un himno en contra da segregación racial, considerada como a primeira canción protesta interpretada en público.




                                              BOA SEMANA!!!


9 de mar. de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O luns 9 de marzo, asistimos no Centro Social do Mar, en Bueu, a entrega de premios do certame: "A igualdade no traballo" organizado polo Concello de Bueu. 

Rapazas e rapaces do noso centro foron os encargados da declaración conmemorativa realizando unha performance na que nos fan reflexionar sobre os salarios, as profesións, os estereotipos, os micromachismos...



Exposición de bibliografía e cartel informativo sobre CONCEPCIÓN ARENAL.

6 de mar. de 2020

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 
No Concello de Bueu celebrouse este venres un pleno moi especial no que o alumnado dos centros educativos foi o protagonista.

O pleno estivo rexentado polo alcalde, Félix Juncal, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero e o vicealcalde, Julio Villanueva. Participaron  Rosana, Juan e Gabriela de 6º.

Ao remate do pleno entregáronse uns diplomas conmemorativos aos participantes.

O vindeiro luns, 9 de marzo ás 12.00 h, terá lugar no Centro Social do Mar un acto de entrega dos premios dos certames educativos de viñeta/ilustración e literario “A igualdade no traballo”, no que participará alumnado de diferentes cursos do noso colexio.


As rapazas e rapaces de Infantil realizaron estes debuxos reflexionando que todos e todas podemos ser o que nos propoñamos, sin importar nada máis.




4 de mar. de 2020

CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN

Co motivo da celebración do Día da Muller o concello de Bueu organiza, o venres 6 de marzo, o II Pleno pola Igualdade e o luns 9 o acto institucional, no Centro Social, onde o noso alumnado fará a declaración conmemorativa.
No concurso de viñeta e ilustración deste ano presentáronse máis dun centenar de ilustracións e máis de 60 microrrelatos, biografías e poemas.
Rosana, de 6º de Primaria, recibirá unha mención especial polo seu poema.
PARABÉNS! 

Máis información:
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2020/03/04/bueu-celebra-segundo-pleno-igualdad/2257129.html
https://concellodebueu.gal/o-concello-elixe-os-traballos-ganadores-dos-certames-educativos-a-igualdade-no-traballo/

8 de mar. de 2013

8 de marzo. DÍA DA MULLER

Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Miramos ao noso arredor e topamos unhas mulleres que traballan nunha  profesión fermosa e arriesgada. Fano con paixón e en igualdade cos homes. Hoxe 8 de marzo viñeron a contárnolo ao colexio.

Deixámosvos un pequeno vídeo (o orixinal "UN  PAÍS PARA COMÉRSELO" emitiuse en Televisión
Española) que sirviu de presentación para as percebeiras. DÁMOSLLE AS GRAZAS A TODAS ELAS POR COMPARTIR CON NÓS O SEU TEMPO E AS SÚAS EXPERIENCIAS.


Mais fotos, presentacións...
BLOGUE DE E.I.
TARANDEIRA
Se queredes información desta data recomendamos un artigo da VOZ DE GALICIA que podedes ler premendo aquí