29 nov. 2017

MÁIS EXPERIENCIAS!!

Hoxe os nenos e nenas de 1º de primaria continuaron mostrándonos as súas experiencias científicas coa auga.
Nesta ocasión expuxeron tres experiencias coas que nos invitaron a pensar e facer hipóteses sobre elas.











GRACIAS POR COMPARTIR!!!

28 nov. 2017

EXPERIENCIAS NO MES DA CIENCIA!

Hoxe o alumnado de 1º de primaria mostroulle aos nenos e nenas de educación infantil experiencias realizadas con auga. Para elo,con anterioridade levaron polas aulas uns tubos de ensaio, auga con tintes de distintas cores e uns craveis . Explicaron e realizaron todo o proceso que realizaron e   deixaron en cadansúa aula para que observásemos e elaborásemos hipóteses sobre o que podería acontecer.
Á volta do recreo, todos e todas na biblioteca poidemos ver coma os craveis se volveran de cores. Despois dunha magnífica explicación de cómo se alimentan as planta e por onde.









PARABÉNS!!! MOI BO TRABALLO!!!

24 nov. 2017

25 de novembro"DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO"

Con lecturas, música e carteis celebramos no noso cole o "DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO".
Na biblioteca, na Hora de Ler, tres  nenas de 6º de primaria-Voluntarias lectoras- contaronlle ao alumnado de Infantil , 1º e 2º de primaria "Iriña bailarina" de edicións embora. Rematamos coma o conto bailando e cantando a canción "Toc-Toc" de Pablo Díaz.
Por outra banda, os nenos e nenas de 3º,4º ,5º e 6º de primaria viron o traballo realizado polo alumnado de 5º de primaria "O tempo das bolboretas"sobre as irmáns Mirabal.








Ao longo de toda a semana ,na entrada do colexio: escoitamos a canción de Rozalén "La puerta violeta",  expositor con lecturas pola igualdade , na pantalla poidéronse ver os carteis do concurso que todos os anos convoca o CIM de Bueu. Este ano dous alumnos do cole recibiron unha mención especial polo seu traballo presentado: Miguel (5º de Primaria) e Sabela (6º de Primaria).Parabéns!!

20 nov. 2017

VISITA Á EDAR NO MES DA CIENCIA!

O pasado  venres o alumnado de 5º e 6º de primaria achegouse á EDAR (Estación de Depuración de Augas Residuais) do concello de Bueu, ubicada no lugar de Cabalo. Despois de dar unha pequena andaina ata o lugar,o responsable do concello explicoulle o proceso da DEPURACIÓN da auga , un proceso que pasa por diferentes etapas:
1-DESBASTE E CRIBADO.
2-DESAREADO E DESENGRAXADO.
3-DECANTADOR PRIMARIO.
4-TRATAMENTO BIOLÓXICO.
5-TRATAMENTO TERCIARIO.
6-VOLTA AO CICLO NATURAL.

Fíxonos ver o importante que é que tod@s acheguemos a nosa "gotiña de auga" facendo un bo uso da auga e a nosa contribución ao coidado  da rede de saneamento, evitando residuos contaminantes como poden ser:aceites e graxas, toalliñas, medicamentos, disolventes e pinturas...



Porque a auga precisa de ti: MÓLLATE!!!

10 nov. 2017

"O MAGOSTO"

Hoxe foi unha xornada de festa!! 
No recreo comemos as castañas asadas e a continuación xogamos con xogos populares organizados pola ASOCIACIÓN XOÁN XXIII de Cangas que, un ano máis, se achegaron ata o noso cole e nos acompañaron a celebrar o magosto.












PASÁMOLO MOI BEN!
 MOITÍSIMAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN XOÁN XXIII POLA COLABORACIÓN!!

7 nov. 2017

"MES DA CIENCIA"

Ao longo deste mes de novembro  desenvolveremos diversas actividades relacionadas coa CIENCIA!!!
-Exposición  "VIAXES POLA CIENCIA" sobre a figura de Charles Darwin e a viaxe a bordo do "Beagle"(todo o mes no corredor da biblioteca). A partir desta exposición o alumnado investigará sobre Darwin e a Teoría da evolución das especies.
-Visita á depuradora de augas EDAR polo alumnado de 5º e 6º de primaria (venres 17 de novembro)
-EXPERIMENTAMOS con "AUGA": Experiencias científicas que nos mostrarán os nenos e nenas de 1º de primaria, para todo o colexio, a partir de libros da nosa biblioteca (martes 28 de novembro).






 (PINCHA PARA ACCEDER AO CUESTIONARIO)


3 nov. 2017

MÚSICA TRADICIONAL!!

Hoxe achegáronse ata o noso colexio dous membros da formación  "RETROUSO" para mostrarnos instrumentos populares e interpretar pequenas pezas do noso folklore.
Como colofón á charla, catro alumnos do cole animáronse a acompañalos!!



GUSTOUNOS MOITOS !!!GRAZAS!!!