Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

19 de maio de 2024

Minutos musicais!

 Esta semana escoitaremos unha biografía musical de Luísa Villalta, escritora homenaxeada este 2024 polo Día das Letras Galegas.

Grazas ao CEIP Chans de Bembrive por compartir este fermoso traballo!


Luísa Villalta... Palabra e Música!

Feliz semana!

12 de maio de 2024

Recursos Luísa Villalta

Letras Galegas 2024: LUÍSA VILLALTA: Real Academia Galega

Varios vídeos Luísa Villalta, A rebelión da palabra

Vida e obra de Luísa Villalta 5º. Colexio San Pío X (Ourense) e o Seminario Galán.


Luísa Villalta, paixón e compromiso. Documental de homenaxe de suarezpicalloaudiovisuais.


Canción de Samuel Soto.



10 de maio de 2024

Programación Letras Galegas 2024

 O Concello de Bueu presentou a programación para este mes de maio, mes das Letras Galegas adicado a Luísa Villalta.

Letras, Música e Poesía...




14 de maio de 2023

Minutos musicais!

Esta semana das Letras Galegas escoitaremos Sementeira, do grupo Fuxan os Ventos


Sementar sementarei
Loguiño de crarear
En tanto no pobo medre
Un meniño, un vello e un cantar

Un meniño rebuldeiro
Que fale na lingua nai
Que suba aos pexegueiros
A froita verde a roubar

Sementar sementarei

Un vello que dé consellos
Un rostro de fume e pan
Que conte contos ós nenos
Do cuco e do paspallás

Sementar sementarei

Un cantar de redención
Un vello e novo cantar
Que troque a desolación
Nun limpo e craro alborear

Sementar sementarei

Logo, deixáime morrer
Entre dous regos queimados
Cando veñan os solpores
Dos homes esfamiados

Feliz semana!

Anímate e fala GALEGO a túa lingua nai!



13 de maio de 2021

XELA ARIAS: LETRAS GALEGAS 2021

O Día das  Letras Galegas 2021, está adicado a XELA ARIAS.  (1962-2003)

Poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.

É autora dos poemarios "Denuncia do equilibrio", "Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome".

Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.

 

Seleccionamos para vós diferentes recursos:

-Desde o CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) chéganos, como en anos anteriores, o seu TELEXORNAL, as nenas e nenos implicados nesta experiencia de alfabetización mediática traballaron sobre XELA ARIAS, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e preséntannos un documento para achegarnos á autora e a súa obra. Parabéns!

 


-Yolanda Castaño achéganos información de Xela Arias


-A escritora Ledicia Costas conta como chegou á poesía de Xela Arias e recita un dos poemas de "Darío a diario":

 

- Información, actividades interactivas e recursos do Seminario Galán:

http://seminariogalan.org/inicio/2021

https://view.genial.ly/6032a173e83a900d217a8923

http://seminariogalan.org/inicio/2021/actividades

Grazas a todos e todas por COMPARTIR!

 

 https://view.genial.ly/607ffcdc0cd6d30d0ea74b3b/interactive-content-xela-arias-letras-galegas