Amosando publicacións coa etiqueta EDUsaúde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDUsaúde. Amosar todas as publicacións

19 de xuño de 2024

Roteiro a Cabalo!

 As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria  realizaron un roteiro ata o campo de fútbol de Laxes, en Cabalo.

Participaron en diferentes xogos e gozaron da beleza da paisaxe.

In situ, observaron o arquipélago de Ons, a ría de Pontevedra, cabo Udra. Conversaron arredor do pirata Benito Soto.

Atravesando o monte apreciaron as grandes diferenzas entre especies autóctonas e especies foráneas, os nomes de árbores e arbustos...

Grazas a Cris, Álex e Noelia da asociación ASBEL por acompañarnos e estar sempre dispostas a colaborar!





11 de xuño de 2024

Actividade deportiva: remo indoor

 O venres 7, os rapaces e rapazas de 5º de Primaria participaron nunha actividade deportiva de remo indoor no pavillón de A Raña en Marín, xunto con outros coles do Morrazo.

Foi unha xornada de convivencia e xogos en equipo. 

Pasámolo xenial e... quedamos terceiros!






 


Xogos populares: a cachiza

 As rapazas e rapaces de 3º de Primaria, o venres, participaron dunha clase práctica dun xogo popular moi divertido: A cahiza.

A billarda, estornela ou cachiza (así é como se denomina en Bueu), é un xogo tradicional de Galicia, considerado deporte dende e ano 2020. 

Xógase en moitos lugares de España e do mundo.

Segundo o lugar xeográfico varían as regras de xogo.

Para xogar necesítase un palán (pau duns 60 cm) e unha cachiza (pau máis pequeno). 

O xogo consiste en golpear co palán a cachiza e cando está no aire, volver a bater, para lanzalo o máis lonxe posible.    

Os rapaces antigamente, tallaban con madeira o seu propio palán e cachiza personalizándoos pero mantendo un extremo levantado.










 
Grazas a Manolo Otero e a Pablo (avó de Xián) polas súas fantásticas explicacións e por vir a xogar con nós!

7 de xuño de 2024

Roteiro a Nocedo

 Os rapaces e rapazas de 4º e 5º de Primaria participaron nun roteiro deportivo e cultural por diferentes lugares de Beluso.

Pasaron por Vilar, Bon de Abaixo, Nocedo, Sanamedio, Caberteña, Ouril e parque Joe Novas.

Grazas á asociación ASBEL, concretamente a Pepe O Cachiso, a Ángeles y a Noelia por acompañarnos e polas súas explicacións.








30 de maio de 2024

Roteiro a Lagos

 Esta mañá de xoves, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria realizaron un roteiro natural desde o noso colexio ata a praia de Lagos; coñecendo o medio natural no que vivimos.

Estiveron en diferentes puntos naturais: Monte da Vela, humedal de Escorregadoiro, praia de Muscallos, praia de Lagos... dentro do espazo natural de Red Natura.






Grazas a ASBEL pola súa dispoñibilidade e colaboración!