Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Inicio de curso. Amosar todas as publicacións

22 de out. de 2024

Apertura da biblioteca!

 O venres 18 visitounos Tito Otero, un mestre xubilado que dende os 15 anos anda a percorrer o mundo. As súas viaxes levárono a cinco dos seis contenintes (na Antártida non estivo), e en algún deles visitou todos os países contidos! Menudas historias viviu e cantos recordos trouxo consigo.

O proxecto documental deste ano é "Imos de viaxe!" así que pareceunos que podía ser unha boa idea relacionar as súas aventuras con algúns títulos da biblio para que as rapazas e rapaces sepan que, se teñen curiosidade, poden atopar todo nestas catro paredes (son algunhas máis, pero quen as conta...).

Os/as estudantes puideron escoitalo en dúas tandas: unha primeira de 40 minutos para infantil ata 2º de primaria; e unha segunda de 55 minutos de 3º a 6º de primaria. 

Quedaron abraiados!







6 de out. de 2023

Apertura musical!


 O venres 6 de outubro gozamos na apertura da biblioteca, cunha gran actuación musical de Carmen, 6º de Primaria, violín e Rodrigo, 3º de Primaria, percusión. 

Interpretaron tres pezas de música folk.

Parabéns por este fantástico concerto!







5 de out. de 2023

Abrimos a biblioteca!


 O venres 6 de outubro apertura da biblioteca durante a Hora de Ler!

13 de set. de 2023

EN XOGO!

 Novo curso... novo Proxecto Documental de Centro... EN XOGO!

Durante este ano fomentaremos, investigaremos, expoñeremos, xogaremos, gozaremos cos DEPORTES e a práctica saudable de actividades físicas.

Mens sana en corpore sano, locución latina que significa mente sa en corpo san que nos anima a realizar actividades físicas para estar en mellores condicións para ler, estudar, comprender, crear...

O primeiro día de clase foi moi emocionante. Despois das presentacións e dunha primeira toma de contacto todos e todas comentamos como nos sentiamos neste momento inicial do curso plasmándoo nun debuxo, nunha palabra ou pequena frase que pegamos en diferentes materiais deportivos.



Despois do recreo participamos en varios xogos colectivos en equipos de diferentes idades: balonmán, relevos con culler, salto de altura, escalada, baloncesto, fútbol, tira á diana, tenis de mesa e paralímpicos.

Gozamos dunha xornada moi divertida!






  


FELIZ CURSO 2023-2024!







14 de out. de 2022

Visita de Os Bolechas!

Dos libros á nosa biblioteca!

Os Bolechas visitáronnos para festexar a apertura deste curso da biblioteca, por xentileza da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Gozamos coa visita duns personaxes creados por Pepe Carreiro que saíron dos seus libros aos diferentes ámbitos culturais de Galicia.

Grazas por compartir con nós tempo, lecturas e xogos!



11 de set. de 2019

BENVIDAS E BENVIDOS!!!

Comezamos un novo curso escolar con moita ilusión e moitas ganas de aprender cun obxectivo claro SER MELLORES PERSOAS, COIDAR O NOSO PLANETA E FOMENTAR O DIÁLOGO.
O Proxecto Documental parte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel (ODS) creados polas Nacións Unidas.

Son un total de 17 obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro incluídos na Axenda 2030 que é un plan global para a erradicación da pobreza, loita contra o cambio climático, o dereito a  educación, igualdade, defensa do medio ambiente, prosperidade, paz universal.
Entre todas e todos crearemos un mundo mellor e unha sociedade máis xusta por eso o título do proxecto deste curso é:

SOStibilidade! 

"Moita xente pequena,
 en lugares pequenos,
 facendo cousas pequenas, 
poden cambiar o mundo". 
Eduardo Galeano (Xornalista e escritor uruguaio 1940-2015)
 



12 de set. de 2018

DESPEGAMOS!!!


Iniciamos un novo curso, cheo de ilusións e moitas ganas de aprender. Este ano imos investigar as aportacións das mulleres ao longo da historia en todos os ámbitos: científico, tecnolóxico, político, deportivo, artístico, literario, musical porque HABELAS... HAINAS. 

"Imos construír un mundo mellor para todos e todas".

Dra. Maggie Aderin- Pocock (Membro da Orde do Imperio Británico e científica espacial).