Amosando publicacións coa etiqueta Encontro Interxeracional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontro Interxeracional. Amosar todas as publicacións

23 de maio de 2024

Encontro interxeracional!

 Esta tarde de maio, na nosa biblioteca produciuse un encontro "máxico", bebés, nenos e nenas, mamás e papás, tías, avoas, persoas do centro de día... participamos nun encontro interxeracional.

Boniface Ofogo fíxonos partícipes das historias e cancións da súa cultura, leunos o seu conto "O elefante que perdeu o seu ollo". Dialogamos, cantamos, escoitamos, rimos...

Dialogamos da importancia de escoitar, escoitar ás avoas, escoitar á natureza, de marcar pausas, de buscar a CALMA.

 




Todo o que se poida imaxinar é real. É importante ser persoas creativas!

Grazas por compartir historias e tempo na biblioteca!


 


20 de mar. de 2024

Encontro interxeracional nos Centros de Día

 Alumnado voluntario de 6º de Primaria visitou, o martes día 19 de marzo, os dous Centros de Día do Concello de Bueu para dramatizar unha obra de teatro arredor da vida e obra de Rosalía de Castro.

Unha xornada de encontros moi emotivos e gratificantes!





 


16 de nov. de 2023

Coser e cantar con Pablo Otero

 Esta mañá a biblioteca foi punto de encontro entre diferentes xeracións, persoas do taller de memoria, unha mamá e alumnado de 1º e 2º de Primaria da man de Pablo Otero.

O obradoiro foi unha excusa para coñecernos, para compartir ideas, historias e gozar xuntos. Compartir tempo e espazo. Aprender uns dos outros.

Iniciamos a actividade cunha gran loneta como se fose un libro en branco... está todo por comezar.

Un labor comunitario que vos convida a continuar intervindo sobre o soporte aportando novas ideas co fin de facelo máis fermoso. 


 Mil grazas a todas e todos por compartir!

Grazas Pablo por acompañarnos!

Grazas á familia de Xián de 6º de Infantil por facilitarnos materiais marabillosos para o obradoiro.