20 de dec. de 2019

BO NADAL. MERRY CHRISTMAS. FELIZ NAVIDAD!!!

Desexamos a toda a comunidade educativa e amigos do CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS un FELIZ NADAL e un próspero ano 2020 cos nosos mellores desexos de vivir nun mundo máis solidario, máis xusto, equitativo e sostible.
 BO NADAL!!

FESTIVAL DE NADAL 2019

Hoxe celebramos o FESTIVAL DE NADAL, onde a alegría, a música, o teatro... estiveron mesturados coa SOStibilidade. Participou todo o alumnado do centro e as familias decoraron os espazos.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!











FELIZ NADAL!

PREGUNTA DE NADAL

Esta semana saiu unha noticia moi importante para todos os galegos... NO CEO LUCE ESPLENDOROSA UNHA ESTRELA CHAMADA ROSALÍA DE CASTRO!

1.- Cal é o nome científico desa estrela?
2.- Que outro lugar fóra da Terra recibe o nome da nosa poeta universal?
Le a noticia publicada no blog.. e que a estrela ROSALÍA ilumine a túa vida.

19 de dec. de 2019

CANTANDO "AS NAVIDADES"

Aínda con vento e con chuvia, como antaño, os nenos e nenas de 6º de Primaria, saíron a cantar "as Navidades!"
Estivemos no Taller de Memoria, na froitería e con Fina, unha veciña do colexio de 95 anos.

Queremos compartir a nosa alegría con todos os maiores!
BO NADAL!!





17 de dec. de 2019

Unha estrela chamada ROSALÍA DE CASTRO!

Rosalía de Castro converteuse, este martes 17 de decembro, en universal ao anunciar a Unión Astronómica Internacional (IAU) que a estrela HD 149143 e o seu exoplaneta HD 149143 b levarán a partir de agora o nome da escritora e do río Sar a carón do cal viviu e escribiu as súas obras.
https://www.gciencia.com/mc2/rosalia-de-castro-estrela/
 (Preme na imaxe para ler a noticia de GCiencia xornalismo+divulgación)

O astro está na constelación de Ofiuco e pode albiscarse cuns prismáticos.
Rosalía de Castro é unha estrela amarela anana, semellante ao Sol. O exoplaneta Sar foi descuberto en 2015, é un xigante gasoso cunha masa 1,33 veces a de Xúpiter. Está moi preto da súa estrela e completa unha órbita arredor dela en só catro días, polo que a súa temperatura superficial é moi elevada.
A estrela Rosalía é, deste xeito, o segundo lugar fóra da Terra que leva o nome da autora galega, desde 1994 dálle o seu nome a un cráter no planeta Venus.

“A obra de Rosalía é revolucionaria en forma pero tamén no fondo; o seu discurso, contrario a toda forma de inxustiza, é inequivocamente feminista e audazmente ecoloxista na súa defensa e amor pola natureza, moi presente na súa obra, igual que tamén está moi presente a noite e os obxectos celestes”

16 de dec. de 2019

NADAL 2019: RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Xa están polo pobo as GUIAS DE LECTURAS da Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo para Infantil, Primaria, Secundaria e Adultos.
Atrévete a abrilo!








Grazas a Esteban de Tarabelos polas fermosísimas ilustracións.
Non esquezades que o mellor agasallo é un libro. Recordade que é aconsellable comprar no comercio da localidade ou de cercanía.

"OS CONTOS NON DORMEN ÁS NENAS NIN AOS NENOS, FANLLES SOÑAR"



PREGUNTA

Busca nas entradas antigas:
-Cando se celebra o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL? Que é a DIVERSIDADE FUNCIONAL? 
Non esquezas pór o teu nome.

10 de dec. de 2019

10 de Decembro: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. Trátase dun documento histórico que proclamou os dereitos de todos os seres humanos, sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición. É o documento máis traducido do mundo e está dispoñible en máis de 500 idiomas.

Os Dereitos Humanos son relevantes para todos nós, todos os días. A humanidade está enraizada nestes valores universais.
A igualdade, a xustiza e a liberdade preveñen a violencia e manteñen a paz.  
Todos correremos un gran risco o día en que esquezamos a existencia destes valores humanos. 
A Declaración Universal de Dereitos Humanos nos empodera a todos.
Necesitamos defender os nosos dereitos e os dos demais.
 # DefiendeLosDerechosHumanos


#Tempo De Actuar (3)

Deportistas e personalidades do mundo da cultura protagonizan este vídeo para concienciarnos sobre o cambio climático, co gallo da celebración en Madrid da Cumbre do Clima (COP25).

E ti que fas polo clima??
https://elpais.com/elpais/2019/12/04/album/1575500272_911673.html#foto_gal_1
Artistas, deportistas, políticos responden a esta pregunta.
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable contemplados son:



5 de dec. de 2019

PREGUNTAS

  1. En que cidade se está celebrando a reunión internacional sobre o cambio climático?
  2. Enumera tres accións que podemos facer no teu día  a día para frenar o cambio climático

4 de dec. de 2019

3 de decembro: Contacontos pola Diversidade Funcional

Hoxe, en diferentes espazos do colexio, Finu -mestra de Audición e Linguaxe-, Manu -mestre de Pedagoxía Terapéutica-; Vanessa -orientadora; e María José -mestra de apoio de Educación Infantil-, leron uns contos moi especiais co fin de amosar ao alumnado que todas e todos somos diferentes e compartimos a necesidade de que nos queiran e non nos rexeiten.

Se tedes interese en ler estes contos na casa, podedes atopalos na biblioteca do cole e descubrir que, aínda que teñamos máis ou menos peso ou pelo, sexamos máis ou menos movidas..., cada unha de nós debe respectar as diferenzas e ser quen de poñerse no lugar das outras persoas, valorando a diversidade.
 
- Te quiero, casi siempre. Autora: Anna LLenas. Editorial Espasa














- Topito Terremoto. Autora: Anna Llenas. Editorial Beascoa
















- Pelaíto. Autora: Pilar Navas. Editorial GEU


















- Malena Ballena. Autor: Davide Cali. Editorial: Libros del Zorro Rojo














Nesta data especial facemos fincapé no Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) número 10:







# Tempo de actuar (2)

Seguindo as noticias da Cumbre polo Clima, ten en conta estes consellos para frenar o cambio climático desde que te levantas pola mañán:
https://cadenaser.com/ser/2019/11/20/ciencia/1574274999_894718.html



CONTACONTOS POLA DIVERSIDADE

Esta mañán, durante a Hora de Ler, os profes nos transformamos en contacontos.
Infantil escoitou o conto PELAITO, 1º e 2º MALENA LA BALLENA, 3ºe 4º TOPITO TERREMOTO, 5º e 6º TE QUIERO (CASI SIEMPRE).

O Día Internacional da Diversidade Funcional é para reivindicar os dereitos e visibilizar as capacidades das persoas con discapacidade, TODOS SOMOS IGUAIS AÍNDA QUE DIFERENTES.

3 de dec. de 2019

# Tempo De Actuar (1)

En Madrid celébrase do 2 ao 13 de decembro a "CUMBRE DO CLIMA" (COP25) para dialogar sobre a emerxencia climática.
Desde o ano 1995 celebráronse 24 Convencións das Partes. A primeira tivo lugar en Kioto en 1997 e esta de  Madrid é a número 25.

Máis información en:
https://elpais.com/sociedad/2019/12/02/actualidad/1575268228_449028.html
http://www.rtve.es/noticias/20191202/cumbre-del-clima-directo/1992866.shtml
https://www.lavanguardia.com/natural/20191202/471992724984/cumbre-clima-madrid-2019-cop25-hoy-madrid-ultima-hora-pedro-sanchez-en-directo.html

NINA E ANTÓN

Asier, Hugo e Héctor  contáronnos na bilioteca un conto moi ben preparado por eles: NINA E ANTÓN
Disfrutamos moito. Gracias contadores de historias!

1 de dec. de 2019

EXPERIMENTOS NO LABORATORIO

O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria realizou experimentos no laboratorio para rematar NOVEMBRO, MES DA CIENCIA: As cores das plantas, O globo que se infla só,  Capilaridade, Tensión superficial...
 Auga  + tinta dos rotuladores = peixiños de cores














Máis información en:
http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com/2019/11/remata-o-mes-da-ciencia.html
Atento e atenta seguiremos subindo vídeos.
NORABOA A TODAS E TODOS POR ESTE GRAN MES DA CIENCIA 2019.

29 de nov. de 2019

EXPERIMENTOS NO LABORATORIO

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria realizou diferentes experiencias no BiblioLab aplicando o Método Científico.

Visita o blog de Primaria para ler a noticia:
 http://primariamontemogos.blogspot.com/2019/11/continuamos-con-experiencias.html

Nós somos unhas auténticas científicas e uns auténticos científicos!

28 de nov. de 2019

SEMANA DA CIENCIA

Esta Semana da Ciencia recibimos a visita no colexio de familias de Infantil e Primaria para realizar experimentos no laboratorio.
Foi unha experiencia divertida e fascinante chea de CIENCIA.

MOITÍSIMAS GRACIAS ÁS FAMILIAS E O ALUMNADO POLA SÚA PARTICIPACIÓN E INTERESE.

Máis información e fotos nos blogs de Infantil e Primaria:
 http://primariamontemogos.blogspot.com/2019/11/novembro-mes-da-ciencia-na-biblioteca-e.html
 http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com/2019/11/ciencia-divertida.html

CULTURGAL 2019

   A 12ª edición de Culturgal dará comezo o vindeiro venres 29 de novembro.  Unha morea de actividades pensadas para o disfrute de toda a familia.



25 de nov. de 2019

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA

Hoxe conmemoramos no centro o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Ás 12.00 horas o alumnado de 6º de Primaria leu o Manifesto contra a VIOLENCIA diante do mural coas mensaxes: DILLO A QUEN MALTRATA




A continuación, realizamos unha MARCHA SILENCIOSA arredor do centro.





O alumnado maior do centro visualizou a película FIGURAS OCULTAS.
Lemos libros.

MOITAS GRACIAS ÁS FAMILIAS, O ALUMNADO POR PARTICIPAR NAS INICIATIVAS