31 de maio de 2011

MAÑÁN DE TEATRO E PREMIOS


   HOXE, DÍA 31 DE MAIO, PASAMOS UN DÍA ESTUPENDO ASISTINDO A OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POR ALUMNOS DE DISTINTAS IDADES DO CENTRO TITULADA: " LA OTRA HISTORIA DE CAPERUCITA ROJA". FOI MOI DIVERTIDO, RIMOS MOITO.

  A CONTINUACIÓN, HOUBO ENTREGA DE PREMIOS DO "CONCURSO DE MARCAPÁXINAS" E DO "CONCURSO DEBUXA E FOTOGRAFÍA  O TEU COLEXIO".

   TAMÉN ASISTIMOS A REPRESENTACIÓN  DE "A ÁRBORE SABIA E A BALEA".

    FOI UN BROCHE DE OURO AO NOSO MES CULTURAL!!!!
  
  

30 de maio de 2011

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2011

Un  festival  moi  variado:
     Primeiro  o  recital  de  poesía  no  que  participou  todo  o  alumnado  do  centro.  Poemas  e  cantigas  referidas  ó  bosque.
   Logo  un  baile  a  cargo  das  "mociñas"  de  5º e 6º  que  entusiasmaron  a  todos.  Tanto   que  tiveron  que  repetilo.
   Por  último  o  plato  forte, "O  MAGO  CALI", ilusionou  a  todos  os  presentes.  Os  seus  trucos  sinxelos  e  vistosos  e  o  seu  humor  convenceunos  de  que  pertence  a  grande  canteira  de  magos  galegos.     Moi  asequible  para  os  nenos,  fíxonos  pasar  uns  nomentos MÁXICOS de  verdade.  Agradecemos  a  súa  visita  e  esperamos  que  non  sexa  a  última. Ata  pronto!

19 de maio de 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA

    
      Dentro  das  actividades  da  XXIV  Semana  Cultural,  hoxe  recibimos  a  visita  de  Mario  Tomás.  Un  CONTACONTOS  para  todas  as  idades.
      Foi  un  pracer  escoitalo  e  os  alumnos  disfrutaron  un  montón.
      ATA  PRONTO.  AGARDAMOS  UNHA  NOVA  VISITA.
      MOITAS  GRAZAS.
 

CONCURSO MARCAPÁXINAS

Publicamos os finalistas e a gañadora do concurso de marcapáxinas.
Destacamos a gran participación e os fermosos traballos presentados. Ao xurado custoulle moito escoller  finalistas e  gañadora.
                      MOITAS GRAZAS  A TODOS

 TRABALLO  GAÑADOR

AUTORA: MARTA VIDAL - 5º

  

FINALISTAS



                          


                     

17 de maio de 2011

MAIO: MES DA LINGUA

HOXE, 17 de maio, é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicado  a LOIS PEREIRO.

EU LEO
TI LES
EL/ELA LE
NÓS LEMOS
VÓS LEDES
ELES/ELAS LEN

4 de maio de 2011

2º CORRELINGUA DO MORRAZO. EN GALEGO SEMPRE SOMOS



   Hoxe  Belusiña  participou  no  2º  Correlingua  do  Morrazo.
Acompañou  aos  alumnos  de  Infantil, 2º, 3º e 5º na  marcha,  nos  xogos  e  na  pintura.
Pero  o  que  máis  disfrutou  foi  do  concerto  de TIC-TAC.
Agradecemos  a  PABLO  DÍAZ  que  nos  adicara  o  libro  de  cancións  que  temos  na  Biblioteca, aumentando  así  o  número  de  libros  firmados  por  autores  e  ilustradores  que  gardamos  coma  tesouros.
Os  nosos  parabéns  á  organización.
TODO  UN  ÉXITO.