O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, presenta un amplo e variado programa para celebrar as Letras Galegas 2023, no que se insiren propostas musicais e literarias e a tradicional Romaría das Letras de Sanamedio.
A programación abrangue dende o 15 ao 20 de maio por diversas localizacións da vila e con atención a varios públicos, a través dos cales se lembrará a Francisco Fernández del Riego, figura homenaxeada nesta data.
O venres 18 de marzo, no parque Joe Novas, representantes do Concello e a comunidade escolar manifestou o seu NON rotundo a todos os conflitos bélicos actuais.
Comezamos pegando mensaxes de paz coa música de John Lennon, as nenas e nenos de 6º escribiron e leron un manifesto e recitaron un poema de Celso Emilio Ferreiro titulado "Irmáus". A continuación gardamos un minuto de silencio en memoria de todas as persoas que sufren as guerras. Rematamos cantando "Los niños queremos la paz".
GRAZAS POR MANIFESTAR O TEU NON Á GUERRA!
A PAZ É O CAMIÑO.
Para rematar a Semana da Prensa, nós tamén fomos noticia en:
En 2020, a cifra de desprazados forzosos superou os 82 millóns de persoas, según ACNUR. Nas últimas tres semanas estímase que máis de 2,5 millóns de persoas fuxiron de Ucraína.
A invasión de Ucraína impactou na nosa sociedade e no noso alumnado. Falar na casa, na clase axuda a combatir o estrés e a desinformación.
Ler e comentar noticias é unha boa forma de introducir temas de actualidade.
2.- Recursos de ACNUR (Axencia da ONU para os Refuxiados).
-Videoteca: a medida que avanza o conflito, incorporan novos vídeos que axudan a entender a situación das persoas refuxiadas.
-Programa: Enseñar sobre as persoas refuxiadas. Materiais para entender os diferentes casos que se dan: desprazados internos, migrantes, refuxiados, apátridas e cómo axudalos.
-Historias: testimonios que dan unha visión da situación des distintos puntos de vista: refuxiados, voluntarios...
3.- Recursos de CEAR (Comisión Española de Axuda ao Refuxiado).
-Guía CEAR sobre protección en España para persoas afectadas pola guerra.
Hoxe, a entrada do colexio convertiuse nun SALÓN DE PLENOS.
O alcalde de Bueu, Félix Juncal; o concelleiro de cultura e educación, Xosé Leal e Agustín Gallego, edil de mocidade e normalización lingüística participaron nun PLENO EXTRAORDINARIOpara tratar diferentes temas que nos preocupan e están relacionados co Proxecto Documental deste curso "Coidemos do noso. Green Future!", por exemplo:
A eliminación das barreiras arquitectónicas, tanto no
colexio como en Beluso.
A eliminación de plásticos e a redución de residuos.
O fomento de hábitos saudables.
A ampliación das zonas de xogo, máis inclusivas e con elementos novos nos
parques (rocódromos, porterías, canastras).
O solsticio de inverno de 2020 terá lugar hoxe, 21 de decembro.
No hemisferio norte os días fóronse acortando e as noites alongándose. Hoxe é o día máis curto do ano e en consecuencia a noite máis longa, pero a partir de mañá os días empezarán a medrar.
Esta tarde tamén terá lugar un fenómeno chamado "ESTRELA DE NADAL": Xúpiter e Saturno estarán alineados.
Visualiza estes vídeos para saber máis:
Coa chegada do inverno, no Cebreiro, ao ver unpaporroibo, din que nos visita para lembrarnos que por moi pequeniño que sexasse levas o lume ben encendido no corazón non hai frío que te conxele.
Está instalado no patio un composteiro de maior capacidade para continuar reciclando os residuos orgánicos, xa que participamos no Programa REVITALIZA da Deputación de Pontevedra.