Amosando publicacións coa etiqueta mes da ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mes da ciencia. Amosar todas as publicacións

3 de dec. de 2024

Mes da Ciencia nas Bibliotecas: Parte 3

 Bo día!

O venres, a piques de rematar novembro, tivemos a vista de Álex e Guadalupe, familiares do colexio que se transformaron en científicos para aproximarnos diversas experiencias sobre a luz e o vacío cunha enchente de materiais que nos deixaron abraiados. Moitísimas grazas pola vosa dedicación. Dende infantil ata sexto de primaria non podíamos facer outra cousa que mirar coa boca aberta!







27 de nov. de 2024

Mes da Ciencia nas Bibliotecas: parte 2

 Bo día 

Como vos adiantara na derradeira mesaxe, polo Mes da Ciencia nas Bibliotecas íamos ter máis actividades e vaia se tivemos. O venres todo o colexio pasou en distintas horas polo laboratorio a ver, disfrutar e parender cun experimento sobre a reflexión da luz, empregando un láser, espellos e auga. Os cursos máis altos aprenderon tamén a diferencia entre un láser e unha linterna, así como solucionaron as dúbidas que foron xurdindo. Comezaron algo tímidos e tímidas, pero logo non paraban de preguntar!

E aínda queda algo máis que chegará a semana que ven! (Aínda que non sexa novembro, pero alargámolo 😎).













19 de nov. de 2024

Mes da Ciencia nas Bibliotecas: parte 1

 Boas tardes!

Novembro é o Mes da Ciencias nas Bibliotecas, polo que temos nos corredores unha interesante selección de obras relacionadas con mundo que nos arrodea: hai algúns lixeiros, outros máis densos; algúns cheos de experimentos e outros con explicacións teóricas aos misterios do universo coñecido... Se queres descubrir todo soamente tes que escoller un!


Hai máis! Dentro de pouco comezará un ciclo de experimentos onde todo o colexio participará. Dentro da temáticas "Imos de viaxe!", veremos como funciona o láser e como o podemos empregalo para escoller o destino ao que nos gustaría viaxar... Que tentador!

Por último e non menos importante, celebramos que Arturo Sánchez Cidrás será nomeado fillo adoptivo de Bueu polas súas contribucións. El fora un antigo profesor e gran colaborador da bilbioteca, así que participante do club de lectura. Noraboa Arturo!



3 de dec. de 2022

Ciencia con... Sara

Sara, mamá de Xián, estivo con nós no laboratorio realizando varios experimentos sorprendentes seguindo os pasos do método científico de observación, formulación de hipóteses e experimentación.

Foi unha sesión fantástica!

Grazas por compartir tempo e ciencia con nós!














1 de dec. de 2022

Ciencia con... Arantxa e Tomás

 Arantxa e Tomás son os pais de Vega. Estiveron compartindo con nós un tempo adicado á Ciencia. 

A chuvia dounos un escampo para facer voar un foguete. Observamos como o aire cada vez ía ocupando máis espazo... "Saiu disparado, moi alto, é caeu no tellado do cole"

Dentro do laboratorio experimentamos e foron capaces de "crear lava" nun artesanal volcán dentro dunha artesanal maqueta.

É marabilloso escoitar as explicacións científicas dos nosos nenos e nenas!

Mil grazas por compartir o voso tempo con nós!








29 de nov. de 2022

Ciencia con... Mª Elvira

Esta mañá no laboratorio Ciencia con... Mª Elvira, mamá de Mª Elvira e José Manuel. Observamos a densidade, a importancia da limpeza para loitar contra os virus, fixemos un volcán e creamos electricidade estática.

Mil grazas por acercarnos a Ciencia!

Visita o blog de Infantil para máis información!

28 de nov. de 2022

Ciencia con... Noelia, Ángeles e Jose

 Noelia, Ángeles e Jose son as mamás de Elena, Noa e Héctor e hoxe estiveron compartindo experiencias científicas relacionadas co Proxecto Documental deste curso: "imaxinARTE".

Simetrías, arcos da vella, movemento nos fluídos, as cores, a ausencia de cor, a serpe do faraón... Ciencia que nos deixou marabillados e marabilladas!

Foi unha mañá moi intensa para 4º e 5º de Primaria no laboratorio.











Mil grazas por compartir tempo e ciencia con nós!

27 de nov. de 2022

CIENCIA CON... 1º e 2º de Primaria

 O alumnado de 1º e 2º intercambiaron coñecementos científicos. Foi moi emocionante!




Ciencia con... Ramona e Lorena

Ramona e Lorena, avoa e mamá de Xián, estiveron o venres no laboratorio dinamizando experiencias científicas con público de Infantil.

Observamos líquidos de diferentes densidades, creamos neve artificial, demostramos e tocamos como son os fluídos non newtonianos...

Foi unha gran experiencia científica!

Grazas por compartir o voso tempo con nós!

Visita o blog de Infantil para ver un precioso vídeo!



24 de nov. de 2022

Ciencia con... 3º e 4º de Primaria

O alumnado de terceiro e cuarto fixeron uns experimentos e investigacións que despois  expuxeron no laboratorio.

Os nenos e nenas de terceiro investigaron a tres mulleres científicas, matemáticas, María Montessori, María Andresa Casamayor e Maryam Mirzakhani. Son tres mulleres que cambiaron a forma de comprender as matemáticas.

Tamén prepararon un experimento sobre as densidades de diferentes líquidos, formando una fermosa "Marmelada arco da vella". Saíu tan ben, que incluso apetecía probala! 

As nenas e nenos de cuarto, fixeron dous experimentos que utilizaban a auga e a cor. O primeiro nos ensinaba que ao pintar un arco da vella nun papel de cociña e poñer despois o papel conectando dous vasos con auga, o arco da vella se volvía visible. O segundo experimento amosaba como ao conectar varios vasos con auga e colorante, unidos por papel, ían subindo as cores polo papel ata mesturarse e formar as cores secundarias. 

Foi unha experiencia moi interesante ensinarnos uns aos outros! 

Agardamos que vos gusten os nosos experimentos e vos animedes a facelos na casa! 







 Moita ciencia no laboratorio!