21 de mar. de 2013

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

"Pío, pío un paxariño lendo un libriño.
Non o podo crer".
Que día tan fantástico! Hoxe veu Anxo Moure para contarnos contos, que falan da Natureza, de árbores, de paxaros e de nenos responsables de coidar os bosques.
Se queredes ler máis contos entrade en http://www.contosolidarios.org/prensa_bicitaxi.htm  atoparedes historias sobre a illa de Ons, ver unha biblioteca nunha árbore,...
A NATUREZA É POESÍA

20 de mar. de 2013

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA


O XOVES 21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA  ESTARÁ CON TODOS NÓS ANXO MOURE PARA CONTARNOS A HISTORIA DE “O CARBALLO CON BOTAS”.


Se queres saber máis:

OLIVER BUTTON



   Hoxe pola mañán tivemos teatro no colexio. A obra representada titulábase "OLIVER  BUTTON", unha adaptación do libro "Oliver Button é unha nena" do autor Tomie de Paola. Dámoslle as grazas aos alumnos de 4º da ESO do COLEXIO VIRXE MILAGROSA de BUEU.

Si queredes ler máis información e ver fotos visita:
http://tarandeira.blogspot.com.es/

UN MAR DE POEMAS

    Aquí temos unha mostra dos POEMAS DO MAR, aportación das familias e do alumnado.
Recomendamos que visiten a exposición completa nos pasillos do colexio.
É MOI INTERESANTE



19 de mar. de 2013

ANA ALONSO ESTARÁ NA NOSA BIBLIOTECA!

O VINDEIRO MÉRCORES DÍA 20 DE MARZO CONTAREMOS COA VISITA DA ESCRITORA ANA ALONSO. AUTORA ,ENTRE OUTROS ,DA COLECCIÓN PIZCA DE SAL.
Pizca de sal é unha colección que introduce aos nenos e nenas nun mundo de imaxinación a través das súas divertidas historias e personaxes. Os relatos desenvolven contidos de distintas áreas do currículo de Educación Primaria, reforzando a súa aprendizaxe e fomentando á vez o gusto pola lectura.

Para ver fotos e opinións da visita entra en TARANDEIRA

14 de mar. de 2013

O COELLIÑO BRANCO

Hoxe os de 3º de primaria contaron "O coelliño branco",  un dos contos favoritos de todos os nenos. Este xoves o público eran os maiores do cole. Seguro que o xoves vindeiro han ter tanto éxito cos máis novos.
MOITAS  GRACIAS POR UNHA HORA DE LER DIFERENTE.

10 de mar. de 2013

IDEAS PARA A POESÍA DO MAR

Se non tes ideas para participar en UN MAR DE POEMAS, aquí vos deixamos algunhas suxestións:


DEIXÁDEME LIBRE "Ondas de verde e azul". Ana Mª Fernández. Xerais

VARIOS AUTORES  Issuu elaborado polo CEP de Cespón

AS CORES DO MAR  Julia González

OS PEIXES DA FONTE “Ondas de verde e azul”. Ana Mª Fernández

EU QUERO SER MARIÑEIRO Julia González

ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO Álvarez Blázquez

POEMIÑAS  (Varios autores)

ESCOLMA (CEIP Pintor Laxeiro - Vigo)

Agora non hai razón para non presentar o teu
poema antes do día 14 de marzo!!!
ANÍMATE A PARTICIPAR.

Entre todos formaremos...                                                                                                         UN MAR  DE POEMAS.

 


 

8 de mar. de 2013

8 de marzo. DÍA DA MULLER

Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Miramos ao noso arredor e topamos unhas mulleres que traballan nunha  profesión fermosa e arriesgada. Fano con paixón e en igualdade cos homes. Hoxe 8 de marzo viñeron a contárnolo ao colexio.

Deixámosvos un pequeno vídeo (o orixinal "UN  PAÍS PARA COMÉRSELO" emitiuse en Televisión
Española) que sirviu de presentación para as percebeiras. DÁMOSLLE AS GRAZAS A TODAS ELAS POR COMPARTIR CON NÓS O SEU TEMPO E AS SÚAS EXPERIENCIAS.


Mais fotos, presentacións...
BLOGUE DE E.I.
TARANDEIRA
Se queredes información desta data recomendamos un artigo da VOZ DE GALICIA que podedes ler premendo aquí

EL PEZ ARCOIRIS

Este xoves, día 7 de marzo, os compañeiros e compañeiras de 4º de Educación Infantil contáronnos: "EL PEZ ARCOIRIS".



QUE BEN O NARRARON!!!