28 de dec. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!!

Nesta semana de Nadal, escoitaremos a canción Celebration, do grupo norteamericano Kool & The Gang. Unha canción que anima a celebrar que a esperanza vence agora máis que nunca. Unha canción que di : "celebremos que estamos xuntos e que estamos todos. Hai moito que celebrar".

 

Celebremos a Vida !!

22 de dec. de 2020

Os Reis Magos traen unha mensaxe!

 


FESTIVAL DE NADAL 2020

Un ano máis o noso alumnado desexa compartir con toda a comunidade educativa o Festival de Nadal. 🌲


Gustaríanos moitísimo poder facelo en directo para emocionarnos con cada actuación, para ver as caras das nais, dos pais, das avoas, dos avós..., para recibir ao ex alumnado que se achega ata o colexio para ver o festival e reencontrarse co profesorado, para escoitar os aplausos de todas as persoas que cada ano enchedes o Salón de Actos nesta data tan especial..., pero este ano é moi diferente, aínda así non podiamos quedar sen festival, de aí que o fixeramos virtual. 

Con todas e todos vós, o noso Festival de Nadal!


21 de dec. de 2020

Programa do Festival de Nadal 2020

Estimada comunidade educativa:

Compartimos con vós o programa do Festival de Nadal deste curso 🌲

O festival este ano é virtual e estará dispoñible aquí, no blog da Biblioteca do colexio, dende o martes 22 ás 9h.



INVERNO 2020

O solsticio de inverno de 2020 terá lugar hoxe, 21 de decembro.

No hemisferio norte os días fóronse acortando e as noites alongándose. Hoxe é o día máis curto do ano e en consecuencia a noite máis longa, pero a partir de mañá os días empezarán a medrar.

Esta tarde tamén terá lugar un fenómeno chamado "ESTRELA DE NADAL": Xúpiter e Saturno estarán alineados. 

Visualiza estes vídeos para saber máis:

 

Coa chegada do inverno, no Cebreiro, ao ver un paporroibo, din que nos visita para lembrarnos que por moi pequeniño que sexas se levas o lume ben encendido no corazón non hai frío que te conxele.


 

20 de dec. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!!!

Nesta semana, na que o Nadal chama as nosas portas e con el as vacacións, escoitaremos unha fermosa melodía que moitos de vós recordaredes como o "vals da lotería" xa que durante nove anos foi a banda sonora do anuncio da lotería de Nadal.

Esta música, composta polo músico francés Maurice Jarre, ademais forma parte da oscarizada película Doctor Zhivago, que, entre outros, obtivo o Óscar á Mellor Banda Sonora.

            Os  mellores desexos para o 2021!!


Que a sorte vos acompañe!! 

18 de dec. de 2020

LECTURAS PARA SOÑAR!

Compartimos con todos e todas vós as GUÍAS DE LECTURA elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, da que formamos parte.

As guías están adaptadas a Infantil, Primaria, Secundaria e persoas adultas.

   

Libros e música queren estar nas vosas cartas para Papá Noel e os Reis Magos!

Moitas grazas ANUM ZAHRA pola ilustración e a Deputación de Pontevedra pola edición.

Animámosvos a mercar na nosa vila e nas librarías de proximidade:

"MOVE O CORAZÓN DA TÚA VILA: 

VISITA A TÚA LIBRARÍA!"


CALENDARIO 2021

 Xa está aquí o CALENDARIO 2021, destacando celebracións especiais de cada mes. Fermosísimo traballo colaborativo elaborado por todo o alumnado do centro.


GRAZAS POLAS MARABILLOSAS ILUSTRACIÓNS!

17 de dec. de 2020

EXPOSICIÓN DE EGAGRÓPILAS

Gozade coa exposición de EGAGRÓPILAS DE AVES RAPACES NOCTURNAS. 

As egagrópilas son bólas ou pelotas formadas polos restos de alimentos non dixeridos que algunhas aves rapaces regurxitan. 

Normalmente conteñen ósos ou pelame que as aves non poden dixerir. 

Son moi útiles para saber o tipo de alimentación dos distintos xéneros de aves.

 É moi habitual entre bufos e curuxas.



 MIL GRAZAS SOFÍA POR CEDERNOS AS EGAGRÓPILAS!

 

13 de dec. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!!

 Nesta semana, preto do Nadal e das vacacións, escoitaremos a alegre panxoliña "A luz do Nadal" con letra de Antonio García Teijeiro e música do grupo Mamá Cabra. Incluída  no libro-disco "Xa me tardan estes Magos".

             

BOA SEMANA!!!

COMPARTINDO LECTURAS CON SABELA!

 Sabela de 5º de Primaria estivo investigando sobre FLORENCE NIGHTINGALE,  a enfermeira máis famosa do mundo, nestes tempos nos que o persoal sanitario é tan importantísimo: 

Moitas grazas Sabela por explicarnos tan fermosa biografía!

11 de dec. de 2020

O noso centro é noticia!

 Acto de entrega virtual da Distinción do Sello CCB 2019:


 O noso centro foi o gañador na modalidade de Bibliotecas Escolares de Primaria. Felicitar ao IES Celanova, Celso Emilio Ferreiro gañador na modalidade de Secundaria.

COMPARTINDO LECTURAS CON CARLOTA!

 Carlota de 5º de Primaria recoméndanos a lectura de "Cuentos de buenas noches para chicas rebeldes" que podedes atopar na sección 92 da nosa biblioteca. Nos libros aprendemos

Mil grazas Carlota por darnos a coñecer a esta fantástica muller!


10 de dec. de 2020

COMPARTINDO LECTURAS CON NEVES!

NEVES de 5º de Primaria preséntavos a biografía de IRENA SENDLER, a partir da lectura do libro: "Las chicas son guerreras". Este libro está na nosa biblioteca na sección 92... Anímate a ler!



Mil grazas Neves por dar a coñecer a mulleres importantes da historia!

As mulleres veñen para quedarse forever and ever.

COMPARTINDO LECTURAS CON CANDELA!

CANDELA de 5º de Primaria quere compartir con todas e todos nós esta pequena biografía de ASHLEY FIOLEK, do libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" que podes atopar na nosa biblioteca na sección 92 de Biografías.


Moitas grazas Candela por descubrirnos a unha gran persoa que vence as súas limitacións!
 
 
 

7 de dec. de 2020

MINUTOS MUSICAIS!!

 Voltamos con Beethoven e a súa 6ª Sinfonía"Pastoral", nesta semana escoitaremos o terceiro movemento onde o compositor quere describir unha "alegre reunión de campesiños".


Podédela escoitar neste video da película "Fantasía"



Boa semana!!

6 de dec. de 2020

A porta violeta 25N

Con motivo do "Día Internacional contra a  violencia de xénero" o alumnado de 5º de primaria realizaron este  traballo a partir da canción "La puerta violeta" da cantante Rozalén.



               PARABÉNS!!

5 de dec. de 2020

DÍA MUNDIAL DO CHAN 2020

 Manteñamos vivo o chan, protexamos a biodiversidade!

O Día Mundial do Chan 2020 (# DíaMundialdelSuelo) ten por obxecto crear conciencia da importancia de manter os ecosistemas sans e o benestar humano, loitando contra a perda da súa biodiversidade, aumentando a conciencia sobre a súa importancia.

Debemos comprometernos a mellorar proactivamente a saúde do chan.


 

4 de dec. de 2020

Día Internacional da Diversidade Funcional: CONEXIÓN BIBLIOTECA II

O 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DA disCAPACIDADE, aínda que nos gusta máis dicir que é o DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL, xa que cada persoa ten diferentes capacidades.

Levamos a cabo a II CONEXIÓN BIBLIOTECA, en directo para todas as aulas, familias, persoal non docente, presentado por Leire e Álex, voluntarios de 6º.

Despois da presentación, gozamos coa gravación do conto: POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA (escrito e ilustrado por Jérôme Ruillier, Editorial Juventud) empregando a mesa de luz que realizaron un grupo de nenas e nenos de 5º de Primaria.

A continuación visualizamos un vídeo donde o alumnado de 2º de Primaria, nos presentou o seu traballo de investigación sobre a "Accesibilidade en Beluso" logo da súa saída pola localidade con cadeira de rodas e andador.

Visitade o blog de Orientación para participar no reto que nos propuxeron! http://montemogosorienta.blogspot.com/2020/12/3d-dia-internacional-das-persoas-con.html



GRAZAS POR ESTAR MOI ATENTAS E ATENTOS Á II CONEXIÓN BIBLIOTECA!



 

2 de dec. de 2020

RECREOS NO BIBLIOLAB!

Mércores 2 de decembro, quenda de RECREO NO BIBLIOLAB para o alumnado de 6º.
Que atentos estaban! 






1 de dec. de 2020

CIENCIA EN FAMILIA!

 NOVEMBRO MES DA CIENCIA!

Este curso 2020-2021 convidámosvos a participar gravando experimentos en familia, convertendo os vosos espazos en laboratorios.

PARABÉNS ÁS NOSAS CIENTÍFICAS E CIENTÍFICOS! SON XENIAIS!

MIL GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

Lucía de 6º Infantil: Expansión dos líquidos


Violeta de 3º e Lois de 1º de Primaria: Volcán


Antía de 2º de Primaria: Inflado de globo


Aixa de 2º de Primaria e Elba de 6º de Infantil: Debuxo flotante

Maxia cun debuxo no papel

 


Alejandra de 6º e Leo de 4º de Infantil: Densidades

 

Refracción              

 


María Elvira de 1º de Primaria: Volcán



Natalia de 6º de Infantil: Fluídos



Íker de 4º de Infantil: Lámpara de lava



Xián de 6º de Infantil: Líquido ou sólido?

 

CIENCIA NA ESCOLA!

 NOVEMBRO MES DA CIENCIA!

Qué divertido é ser científico ou científica: observar, experimentar, formular hipóteses...

As aulas, os espazos naturais... transfórmanse en laboratorios. 

As nenas e os nenos de 4º de Infantil invítanvos a investigar:


As nenas e nenos de 1º de Primaria, seguindo o Método Científico, e con moita paciencia, comparten este experimento:

Moi ben explicado!