Amosando publicacións coa etiqueta Alerta sanitaria. coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alerta sanitaria. coronavirus. Amosar todas as publicacións

14 de mar. de 2021

19 de xuño de 2020

DESPEDIDA!!!


Despois deste inusitado trimestre, chega o verán e con el o fin de curso e as merecidas  vacacións!

Desde aquí queremos APLAUDIR o voso esforzo e colaboración. Desexarvos un feliz verán e dicirvos que a pesar da distancia estamos ao "voso lado".  


Un abrazo moi especial aos nenos e nenas de 6º curso que se despiden do colexio e desexarlles moita sorte na súa nova andaina.


MIL GRAZAS!!!











18 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2020

Estades preparados para as vacacións? Aquí están as RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO VERÁN 2020:


GOZADE DO PRACER DA LECTURA!
BO VERÁN!

Booktráiler feito por Érika Grela Bello, de VAMPIRA DE BIBLIOTECA, escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Víctor Rivas, editado por Xerais


16 de xuño de 2020

16.06.20 Hora de Ler na Distancia con... Elena e Noa (2ºE.P.)

Hoxe temos a Hora de Ler na distancia con... Elena, Noa e as súas mamás, Noelia e Ángeles.


Lembra: sempre, tanto na terra como no mar, RESIDUOS CERO!




15 de xuño de 2020

DIPLOMA RECREOS RESIDUOS CERO 2019-2020!

Acabamos de recibir un DIPLOMA DO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA E RETO DEMOGRÁFICO pola nosa participación no programa de RECREOS RESIDUOS CERO 2019-2020 de Teachers for Future.

Moitas grazas por axudar ao planeta coas vosas pequenas accións como, por exemplo, traer a merenda e a auga en recipientes reutilizables e tentar empregar menos plásticos, usar o composteiro, tirar cada residuo no contedor axeitado...

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE!