28 de maio de 2023

Minutos musicais!

Iniciamos semana escoitando Siyahamba, unha canción sudafricana que foi interpretada pola coral de Beluso dentro do programa da Semana Cultural.

Siyahamba significa Camiñamos en zulú. A súa letra foi escrita orixinalmente en afrikáans. 

O director dunha coral sueca, Anders  Nyberg, recompilou e adaptou esta música coral tradicional africana a catro voces.

Gozade con esta alegre melodía.

Feliz semana!



Club de Lectura... A CULPA

O martes pola tarde despedimos, por este curso, o Club de Lectura de Adultos cunha xuntanza arredor de A CULPA, escrito por María Solar, editado por Xerais.

Conversamos arredor dos personaxes do libro, do estraperlo, da emigración, da amizade, da fidelidade, da dependencia, do amor... 

Camiñamos pola novela imaxinando un final, final que non esperabamos e que nos deixou cunha pregunta no maxín diferente a que formulamos na primeira parte do libro.

Reflexionamos sobre a capacidade terapéutica da escritura, e sobre todo, compartimos tempo, amor pola lectura e risas.

Verémonos en setembro con LOS INGRATOS de Pedro Simón.


27 de maio de 2023

As Familias Contan... Leo e Alejandra

 Esta mañá de venres visitou a nosa biblioteca Alejandro, o pai de Alejandra e Leo, para lernos dúas fermosas historias:





Mil grazas por compartir tempo e lecturas!

24 de maio de 2023

"Esperando o amencer" Premio Nacional

O libro "Esperando o amencer" gaña o Premio Nacional á obra mellor editada de Literatura Infantil e Xuvenil.

Este álbum ilustrado é da artista peruana Fabiola Anchorena que denuncia a destrución dos pulmóns do planeta a causa dos grandes incendios. Goza da súa mensaxe e das súas ilustracións

Esta obra é da editorial pontevedresa Kalandraka.

Busca este libro na nosa biblioteca (50 ANC esp). Estate esperando.




As Familias Contan... Alejandra e Leo

 Hoxe veu ler a nosa biblioteca Lupe, a nai de Alejandra e Leo, un conto de bichiños, de natureza, de primavera...


 
Grazas por compartir tempo e lecturas con nós!

22 de maio de 2023

III Día da Muiñeira 2023

Terceiro ano consecutivo que celebramos o Día da Muiñeira!

Primeiro recitamos e despois bailamos todas e todos xuntos no patio de Primaria unha muiñeira, baile e composición musical tradicional galega.

Que divertido é bailar todas e todos a un tempo!


Recital de Poesía Letras Galegas 2023

A mañá do xoves 18 co gallo das Letras Galegas e homenaxeando a Francisco Fernández del Riego celebramos o Recital de Poesía.

Con dous fantásticos presentadores, Mara e Salvador, todos e todas recitamos poemas de Antonio García Teijeiro, Leire Blanco e Rosalía de Castro.

Mil primaveras máis para a Poesía!
Como nos gusta recitar e escoitar!
Parabéns a todas e todos pola vosa participación!



21 de maio de 2023

MInutos musicais!

Esta semana escoitaremos ao grupo Brais das Hortas, co seu espectáculo musical Consertasso na Horta que actuará na festa da lingua: Correlingua en Moaña.


 


A bailar!

Fala galego é a lingua que nos une!

19 de maio de 2023

Exposición: eXXperimenta en feminino.

 Durante esta quincena podemos ler e aprender coa exposición itinerante:

Catorce paneis informativos que contan a historia de mulleres  destacadas na historia da ciencia, da tecnoloxía, da enxeñaría; científicas, investigadoras, pioneiras que todos e todas deberiamos coñecer.

Esta iniciativa está patrocinada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Ten como obxectivo espertar en rapazas e rapaces a vocación científica no campo STEM.







Empezamos a investigalas!

Estade atentos e atentas ao próximo concurso de preguntas...

As Familias Contan... Roi e Nora

 Alejandra, a nai de Roi e Nora, estivo na biblioteca lendo dous contos xoia da súa biblioteca persoal e outros libros:


Grazas por compartir tempo e lecturas fermosas!

18 de maio de 2023

O fío do que pendo: Uxia Morán

 A actriz Uxía Morán presentou un espectáculo visual, artístico, dinámico, participativo... que nos fixo reflexionar a todos os espectadores arredor da importancia de falar e valorar a nosa lingua: O FÍO DO QUE PENDO.

Dun xeito participativo, dramatizamos o conto Facer dedo, de Guilherme Karsten, editado por Kalandraka.












EN GALEGO TODO É MELLOR!

Coral Polifónica de Beluso. XXXV Semana Cultural

 A coral Polifónica de Beluso ofreceu un pequeno concerto con cancións en diferentes idiomas para mostrarnos que a música é unha linguaxe universal.

 


Grazas por visitar e traer a música coral ao noso centro!

As Familias Contan... Tiago

 O martes 16, recibimos a Lidia, a nai de Tiago, veunos contar un conto de produción propia, Tin Tin e a ler entre os dous: 

 


Que divertido é escoitar contos!

Mil grazas por compartir tempo e lecturas!

14 de maio de 2023

Minutos musicais!

Esta semana das Letras Galegas escoitaremos Sementeira, do grupo Fuxan os Ventos


Sementar sementarei
Loguiño de crarear
En tanto no pobo medre
Un meniño, un vello e un cantar

Un meniño rebuldeiro
Que fale na lingua nai
Que suba aos pexegueiros
A froita verde a roubar

Sementar sementarei

Un vello que dé consellos
Un rostro de fume e pan
Que conte contos ós nenos
Do cuco e do paspallás

Sementar sementarei

Un cantar de redención
Un vello e novo cantar
Que troque a desolación
Nun limpo e craro alborear

Sementar sementarei

Logo, deixáime morrer
Entre dous regos queimados
Cando veñan os solpores
Dos homes esfamiados

Feliz semana!

Anímate e fala GALEGO a túa lingua nai!



Actividades Museo Massó

 Co gallo do Día Internacional dos Museos, 18 de maio, o Museo Massó convídate, previa incrición, a diferentes actividades.

Ven a celebralo no Museo do noso concello!




13 de maio de 2023

Novo espazo... BIBLIOFAMILIAS

FAMILIAS está a vosa disposición un espazo con libros, revistas, xogos para ler, para prestar, para mirar...

Tamén encontraredes dúas maletas viaxeiras que podedes levar en préstamo ou elixir na biblioteca as vosas preferencias.

O horario é: 

  • Mañás dos luns de 9,15 a 9,45h. e os venres de 13,20 a 13,45h. 
  • Todas as tardes entre as 16;00 e as 17,30h.

Agardamos a vosa visita e as vosas suxestións!



As Familias Contan... Marco

 Bea, a mamá de Marco, leu para nós un álbum ilustrado cheo de cores e coa mensaxe de que hai moitas e diferentes formas de ser e de estar.


O exemplar do libro que trouxeron é moi especial porque está asinado pola autora e adicado a Marco e ao seu irmán Carlos.

Animádevos a ir creando a vosa biblioteca persoal!




Mil grazas por compartir tempo e lecturas con nós!

As Familias contan... Manuel

Sandra, a nai de Manuel, leu para nós un bonito álbum ilustrado titulado:



Foi un gozo compartir tempo e lectura contigo!
Mil grazas por compartir!

12 de maio de 2023

Programación Letras Galegas 2023, Concello de Bueu

 O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, presenta un amplo e variado programa para celebrar as Letras Galegas 2023, no que se insiren propostas musicais e literarias e a tradicional Romaría das Letras de Sanamedio.

A programación abrangue dende o 15 ao 20 de maio por diversas localizacións da vila e con atención a varios públicos, a través dos cales se lembrará a Francisco Fernández del Riego, figura homenaxeada nesta data.



11 de maio de 2023

Creamos con... Pablo Otero

Esta mañá visitou a nosa biblioteca, Pablo Otero, artista plástico e ilustrador. 

Os seus debuxos, pinturas e esculturas expóñense por toda Galicia.

Recibiu o Premio Isaac Díaz Prado de ilustración por "Contos por teléfono" (libro que está esperándote na nosa biblio). Ilustrou o libro de poemas "Cidades" de Fran Alonso; "Rato Pincho" de Gloria Sánchez; "Deseñadora de hora en hora" de Xoán Babarro. Escribiu e ilustrou obras propias: "Parece unha formiga", entre outras obras.

Xogamos e creamos coas letras, coas palabras como materiais plásticos que teñen formas que evolucionan.

Creamos ideogramas, representación gráfica dunha idea ou concepto. Unha palabra que podemos debuxar ou un debuxo que podemos ler.

A biblioteca convertiuse nun fervedoiro de imaxinación e creatividade!





 

 Grazas Pablo por visitar a nosa biblioteca!