Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das bibliotecas. Amosar todas as publicacións

24 de out. de 2024

Día das Bibliotecas

 Hoxe tivemos unha representación teatral polo Día das Bibliotecas. Cinco xéneros literarios tiveron que descubrir o misterio de quen eran e de onde viñan, todo organizado polo terrible... teatro!

Coa participación de catro familias (Álex, Antía, Arantxa e Maika) e dous profesores (Xosé Manuel e Bruno), a obra foi representada para todo o alumnado que se mostrou moi participativo e entusiasmado. Ao final, fomos, como non podía ser de outra maneira, á biblioteca para crear unha historia improvisada e dialogar sobre os motivos polos que nos gusta este espazo. 










25 de out. de 2023

Club de Lectura 6º Primaria

 Coincidindo co Día das Bibliotecas, 24 de outubro, iniciaron  a súa andaina as dúas seccións do Club de Lectura de 6º de Primaria, Os Belulectores.

O primeiro libro que imos ler é Alma de elefante, escrito por Andrea Maceiras e publicado por Xerais.


 Gozade coa lectura!

 

Lecturas Compartidas!

Os nenos e nenas de 2º de Primaria visitaron a clase de 4º de Infantil para compartir lecturas entre iguais.

Foi unha experiencia fantástica durante a Hora de Ler! 

Unha actividade máis dentro da Semana da Biblioteca!
 
 
Para saber máis desta actividade visita o blog de Infantil.

24 de out. de 2023

Futbolistas

Iniciamos unha semana moi especial, o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas.

Este curso o Proxecto Documental anual versa sobre os deportes; leva por nome En Xogo!

O luns recibimos a visita de tres xogadoras de fútbol sala do equipo  Marín Futsal: Jessi (mamá de Ainhara), Carolina e Ana. 

Conversamos sobre a importancia de realizar deporte, comer sa, estudar, xogar en equipo... Amablemente responderon ás nosas preguntas sobre os seus inicios no deporte, no fútbol, no fútbol sala, os seus xogadores e xogadoras favoritas, o seu sitio no campo, a onde viaxan e como se desprazan, o lugar de entrenamento...

Enviámoslles os nosos mellores desexos para que logren grandes éxitos e consigan a Copa da Raíña!

Moita sorte! Seguro que asistirán moitos rapaces e rapazas aos vosos partidos para animarvos!

Mil grazas por compartir o voso tempo!

 




Escoita a entrevista a Jessi "Café" na radio.


22 de out. de 2023

Minutos musicais!

 Esta semana, que celebraremos o Día das Bibliotecas, escoitaremos Tan só con leres un libro de Mamá Cabra, grupo de música galego.

 Porque con leres un libro mil mundos podes achar


Feliz semana e boas lecturas!

19 de out. de 2023

Día das Bibliotecas 2023

 

Goza con esta pequena selección de libros arredor das bibliotecas e os libros:



23 de out. de 2022

Día das Bibliotecas

 O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS baixo o lema "BiblioTEcoida"


Durante a Hora de Ler gozamos de moitas sorpresas na Biblioteca!

 Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria visualizamos unha curta do conto "O incríble neno devorador de libros", escrito por Oliver Jeffers contado por antigos alumnos e alumnas e actualizada polos nenos e nenas de 6º de Primaria.



En 4º, 5º e 6º de Primaria vimos a premiada curtametraxe: "Os fantásticos libros voadores do Señor Morris Lessmore"


O cine é a sétima arte porque suma varias expresións artísticas: música, danza, artes plásticas... 






Estade moi atentas e atentos haberá máis sorpresas...


24 de out. de 2021

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS,  recordando a destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no ano 1992 durante a guerra dos Balcáns.

Alberto Moital, concelleiro de Patrimonio, Arquivo e Bibliotecas, invitounos a participar no xogo "Cita co libro" na biblioteca Torrente Ballester de Bueu.

Trátase dun xogo de pistas que consiste en adiviñar que libro se agocha nunha serie de caixas.

Anímate e participa do 21 ao 29 de outubro!



UNHA BIBLIOTECA CON RAÍCES NO CAMPO!

Co gallo do DÍA DAS BIBLIOTECAS visitamos a Biblioteca Pública de Beluso para coñecer a súa historia e as súas instalacións.

Da man de Belarmino Barreiro, arquiveiro municipal, soubemos que a Sociedade de Labregos El Progreso de Beluso, traballando todos xuntos, construíron unha casiña para as súas reunións con pedra do monte Borrallido.

Pouco a pouco, con diferentes aportacións, foise creando unha biblioteca a mediados do ano 1934. Aquí estiveron Castelao, Alexandre Bóveda, Johan Carballeira...

Despois da Guerra Civil (1936-1939) o edificio pasa ao Estado. Chegando a estar abandonado. Na década de 1970 pasa a ser unha Biblioteca estatal e arredor de 1996 encárgase do seu coidado o Concello de Bueu.

A BiBLIOTECA PÚBLICA DE BELUSO nace do campo, dos labregos, dos nosos tataravós, bisavós de persoas que pensaban que os libros son moi moi importantes para adquirir CULTURA.




A continuación, da man da bibliotecaria, Rosi, recibimos formación de usuarios e coñecemos a biblioteca.










Durante a visita, o alumnado de 1º de Primaria fíxolle unha interesante entrevista a Rosi. Descubrimos que a nosa Belusiña ten un compañeiro na biblioteca de Beluso. 

ANIMÁDEVOS A VISITALA E  DESCUBRIR A SÚA MASCOTA!

Moitísimas grazas Belarmino, Rosi e  Alberto Moital por acompañarnos neste día tan importante!

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres como prólogo do DÍA DAS BIBLIOTECAS iniciaron a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS despois dun ano sin saír!

As nenas e nenos de novo ingreso recibiron o seu carné da biblioteca e as bolsiñas viaxeiras para protexer os documentos que van e veñen.









Non esquezas deixar a túa valoración, suxestións, traballo de investigación, recollida de cantigas, refráns, costumes, palabras, nomes de lugares relacionado co proxecto documental deste curso A MEMORIA DO NOSO!

19 de out. de 2021

18 de outubro: DÍA DAS ESCRITORAS

Iniciamos a SEMANA DA BIBLIOTECA celebrando o DÍA DAS ESCRITORAS. Lemos unha selección de textos de escritoras, sobre todo da nosa contorna.

O voluntariado de 6º repartiu polos establecementos comerciais da localidade carteis cos textos e as persoas que iamos atopando agasallabámolas coa lectura e a tarxeta.

23 de out. de 2020

Día das Bibliotecas 2020

 Este ano 2020 iniciamos a Biblioteca coa adaptación, realizada polo alumnado de 5º de Primaria, do conto ¿QUÉ LE PASA AL PLANETA? escrito e ilustrado por EVA CLEMENTE, editorial EMONAUTAS.

GOZADE COA LECTURA!

MOITAS GRAZAS A TODO O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA!