27 de feb. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

 Esta semana escoitaremos a canción "IMAGINE" de John Lennon, un himno pola paz, coa que queremos mostrar a nosa repulsa á guerra

"Imagina a toda la gente, viviendo la vida en paz...imagina que no hay paises...


                                                     FELIZ SEMANA!!!

25 de feb. de 2022

ENTROIDO 2022!

 Viva o Entroido! Viva a festa! 

Como o proxecto documental deste curso é "A memoria do noso", disfrazámonos de bascalleiros, con roupa usada, mesturando estilos... 

Pregunta na casa como se disfrazaban os teus avós, os teus pais, o nome dunha comparsa con persoas de Beluso, as comidas típicas desta época... 

Pon en valor os nosos costumes!

Foi moi divertido!

Aquí vos deixamos as nosas coplas de Entroido para cantar e bailar!




HORTO ESCOLAR!

Comezamos?

Imos alá!



 Xa temos unha mata de perexil!


 

Receitas de Entroido!

 Os nenos e nenas de 5º de Infantil investigaron e recolleron RECEITAS de ENTROIDO da nosa localidade. 

Animádevos a probalas!

https://educacioninfantilbeluso.blogspot.com/2022/02/receitas-de-entroido.html

 


23 de feb. de 2022

DÍA DE ROSALÍA 2022

185 anos do nacemento de Rosalía!

A primeira hora as nenas e nenos de 6º presentaron as actividades conmemorativas do DÍA DE ROSALÍA. 

Recitaron o poema ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES, escoitamos a Alborada e plantamos no noso horto pensamentos (a flor favorita de Rosalía).

Como en anos anteriores, colocamos por Beluso "Camiños de Poesía"

Este ano ilustramos o poema  "Adiós ríos, adiós fontes" da obra Cantares Gallegos.



Precioso traballo colaborativo! 

As nenas e nenos de 5º de Infantil realizaron un stop motion con palabras fermosas e pensamentos.

21 de feb. de 2022

Recreos no horto escolar!

Hoxe durante o recreo, de forma espontánea, as nenas e nenos de 4º de Primaria remataron de preparar o noso incipiente horto para a plantación do Día de Rosalía.

Moitísimas grazas pola vosa axuda!👏



 

 

"RICITOS DE OSO"

 As nenas e nenos de 5º de Infantil gozaron dramatizando RICITOS DE OSO, escrito por Stéphane Servant, ilustrado por Laetitia Le Saux.








Parabéns! Sodes unhas grandes actrices e actores!

20 de feb. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

Nesta semana na celebramos o "Día de Rosalía" queremos render a nosa pequena homenaxe á gran poeta galega escoitando o poema que Curros Enríquez escribíu o ano da morte da escritora (1885) na súa honra.

 Cantado por Uxía , do libro-disco "Rosalía pequeniña".


       A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez

17 de feb. de 2022

CLUB DE LECTURA INTERCENTROS

O Club de Lectura de 6º de hoxe foi moi diferente...

Mantivemos un encontro virtual e compartimos opinións cos compañeiros e compañeiras do colexio A Torre de Cela arredor do libro INVISIBLE, escrito por Eloy Moreno.

Foi unha experiencia marabillosa poder conversar arredor dun libro con outras persoas!

O noso desexo é que a próxima vez sexa presencial!



"OSO ATRAPABOLBORETAS"


A alumna en prácticas Kelly contounos, dun xeito moi orixinal, o conto titulado "Oso atrapabolboretas" escrito por Susanna Isern e Marjorie Pourchet, editado por OQO.

Gozade coa nosa contadora de historias:

Moitísimas grazas Kelly, por facernos ver o importante que é axudar aos demais, sempre!




15 de feb. de 2022

Sementando pensamentos

Os nenos e nenas de 4º de Infantil estiveron plantando pensamentos ao lado do Hotel de Bichos.

Anteriormente alumnado de 6º prepararou os bancais  misturando terra co primeiro compost que sae do composteiro do noso cole.








13 de feb. de 2022

MINUTOS MUSICAIS!!

Esta semana, escoitaremos a canción MEU AMOR ESTOUPA, do libro de contos con música "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" de MAGIN BLANCO.


FELIZ SEMANA!!!



11 de feb. de 2022

Mulleres científicas: AS NOSAS FARMACÉUTICAS!

Hoxe, 11 de febreiro, as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria visitaron a farmacia en Beluso para coñecer ao seu equipo de mulleres científicas e celebrar con elas o Día da muller e da nena na Ciencia.

Moi amablemente contestaron a todas as preguntas da nosa entrevista. Foi un coloquio moi enriquecedor.



Parabéns á farmacia de Beluso que mañán, 12 de febreiro, cumpre 52 anos entre nós, xestionada por mulleres que coidan da nosa saúde e do noso benestar! 

A primeira farmacéutica foi Rosa Elvira e a continuación, e actualmente, Digna.

Silvia tivo a xentileza de acompañarnos desde a farmacia á colonia felina para facilitarnos información moi interesante.

Mil grazas á Cafetería Onza por facilitarnos o seu mobiliario.

Para rematar este día tan especial merendamos no parque Joe Novas!




Moitísimas grazas a todas as persoas que fixestes posible este contacto entre o noso alumnado e a realidade do seu pobo! 

11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para promover a participación das mulleres no ámbito científico e tecnolóxico.

Esta mañán participamos nunha videoconferencia "11F: Ciencia en feminino" con investigadoras do CSIC, por xentileza de Faro de Vigo.

A continuación, os nenos e as nenas de 1º e 2º de Primaria entrevistaron ás farmacéuticas de Beluso. Científicas moi cercanas que temos que coñecer para pór en valor o seu traballo. Agradecer a súa amable disposición para esta entrevista-coloquio.

Anímate a consultar e a prestar os libros que están nos expositores situados na entrada do centro e no corredor da biblioteca e coñece xogando a mulleres científicas cos materiais seleccionados!

Se queres saber máis visita:

21 científicas galegas que tes que coñecer

Unha ducia de mulleres científicas galegas

11 de febreiro org

Mujeres con ciencia

- Unha enxeñeira de Bueu: Míriam Pena Villanueva

Visualiza este vídeo e ponte en camiño:



"DEIXÁDENOS REMAR"

O martes 8 de febreiro tivemos reunión de Club de Lectura de adultos. 

Con moitas ganas de compartir tempo e lecturas, entre risas dialogamos arredor da novela de Ana Cabaleiro "Deixádenos remar", finalista do Premio Xerais 2020.

Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián: traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.



Vémonos o 8 de marzo con "UN PAÍS CON TU NOMBRE"!

MICRORRELATOS

As nenas e nenos de 4º de Primaria estiveron na biblioteca realizando un Obradoiro de Escritura Creativa. 

Estade atentos porque pronto estarán listos os seus microrrelatos.





Estamos desexando ler os vosos textos!

6 de feb. de 2022

Contacontos: EL ABRIGO DE JANA

O mes de febreiro é un mes, moi especial, cheo de EMOCIÓNS.

Nenas e nenos de 6º de Primaria comparten con todos e todas nós este fermosísimo álbum ilustrado (que podedes atopar na nosa biblioteca) "El abrigo de Jana". Escrito por Lola Ordóñez e ilustrado por Desiree Arancibia, editado por Emonautas.

É un conto que nos fai pensar neses momentos en que nos sentimos inseguros e non sabemos que facer para estar mellor con nós mesmos... 

Ti tamén tes un abrigo como o de Jana? Eu, moitas veces, sí.


                                           MOI BEN CONTADO!

                      Parabéns mozas e mozos de 6º!

MINUTOS MUSICAIS

Esta semana propoñemos a audición da canción "QUÉROTE MÁIS"  interpretada polo grupo O sonoro Maxín. Anímadevos a cantala.


FELIZ SEMANA!!!


3 de feb. de 2022

PLANTACIÓN DE ÁRBORES 2022

 O mércores 2 e o xoves 3 de febreiro, en colaboración coa ANPA Cabo Udra e a Comunidade de Montes de Beluso, plantamos castaños no monte de Brazás.

Camiñamos polas sendas de Beluso e merendamos no monte ou na praia de Lagos.

Coñecemos de preto o traballo dos comuneiros e a importancia de coidar o noso monte.



MIL GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE DEDICARON O SEU TEMPO PARA A NOSA FORMACIÓN!

Máis información no blog de Infantil: http://educacioninfantilbeluso.blogspot.com/2022/02/plantamos-castineiros.html