20 abr. 2015

ABRIL "MES DOS LIBROS"

Ao longo de toda esta semana e a que ven "os libros" serán os protagonistas.
 Deixámosvos todas as actividades programadas:

  NA HORA DE LER:
 -Martes 21 e mércores 22 de abril “APADRIÑAMENTOS LECTORES”: nenos de 4º,5º e 6º de primaria lerán aos demais cursos.
 -Xoves 23 de abril CONTACONTOS na biblioteca para todo o alumnado a cargo dos nenos e nenas de 6º curso.
 -Venres 24 de abril “CUENTOS DE DOS EN DOS”, os nenos e nenas de 5º curso irán ás aulas a lernos un conto inventado por eles en parella.
-Xoves 30 de abril "Voluntarios lectores"lerán aos seus "afillados".

 AS FAMILIAS CONTAN:

- Mércores 22 de abril CONTACONTOS  unha mamá  cóntanos un conto na  Biblioteca ás 9:05 para infantil
 -Xoves 23 de abril CONTACONTOS a cargo dun grupo de nais e pais.Para os nenos de Infantil e 1º de Primaria,na biblioteca ás 9:05H.
 -Venres 24 de abril CONTACONTOS dunha mamá,para Infantil ás 9:05H,na biblioteca.Recitado dun poema en italiano da man de Anna, nai de Manuel de 6º de primaria.
 -Luns 27 de abril CONTACONTOS dunha mamá, na biblioteca. En dúas sesións: ás 9:05 para 1º e 2º curso e a continuación para Infantil.Lectura de "Escarlatina ,a cociñeira defunta"na Hora de Ler , para 5º de primaria cargo de Belén ,nai de pablo Fernández.
-Martes 28 de abril CONTACONTOS duna mamá para infantilás 9:10H,na biblioteca.
-Xoves 30 de abril CONTACONTOS dunha mamá na biblioteca ás 9:10H para infantil.


 MURAL COLECTIVO :
Coa colaboración de toda a comunidade educativa, na entrada do colexio, montaremos un mural colectivo con fotos dos  nenos e nenas lendo.
 Agradecemos de antemán a fantástica colaboración e participación por parte de todos e todas.

                        MOITÍSIMAS GRACIAS!!!

No hay comentarios: