18 ene. 2016

VISITA DE PACO NOGUEIRAS!!

Hoxe, na Hora de Ler,os nenos e nenas de 1º,2º e 3º de primaria  poideron disfrutar dunha actividade de animación á lectura con Paco Nogueiras.
Cómo nos gusta escoitalo! Nesta ocasión ademais de contarnos, acompañados de música, contos da Editorial kalandraka :"Despois da chuvia","Imos cazar un oso"e "O pito cairo" tivemos o pracer  de escoitalo recitar e cantar uns fermosísimos poemas de Xosé Neira Vilas do seu libro "Cantarolas":
"O paspallás","Chove" e "Soñei cun tuturutú".


MOITÍSIMAS GRAZAS!!!

No hay comentarios: