24 feb. 2016

"DÍA DE ROSALÍA"

Ao longo de toda a semana estamos a realizar actividades adicadas á nosa benquerida escritora.
Audicións de poemas cantados, lecturas e recitados nas aulas, murais, postais, dípticos...e como remate o venres 26 todo o alumnado visitará a Casa Museo de Padrón onde Rosalía pasou os derradeiros anos da súa vida.
Unha semana chea de poesía!!!

 Os nenos e nenas  de infantil elaboraron unhas postais que enviaron por correo electrónico ás familias cuns versos da"ALBORADA". Podedes ver o video no blog de infantil.

                       GÚSTANOS ROSALIA!!!!!

No hay comentarios: