7 jun. 2017

CADERNO DE BELUSO 2017!

O alumnado participante no programa de Titoría entre Iguais (TEI) realizarou unha andaina ata a Praia de Beluso para coñecer o lugar que inspirou a Maruja Mallo o seu  "CADERNO  DE  BELUSO".
Pintamos colaborativamente diferentes vistas: a praia da Roiba, a
Pedra Branca, a fábrica de salazón, a casa con forma de barco de Vázquez Molezún, o porto, os barcos, as rampas, a praia, o mar... elaborando o noso propio CADERNO DE BELUSO 2017.

Unha xornada entre iguais INESQUECIBLE!!











Antes de saír (para comparar a Praia de Beluso no tempo de Maruja Mallo e hoxe) visionamos todos xuntos unha parte do documental"GALICIA" rodado no ano 1936 por Carlos Velo e recuperado no 2010 grazas a unha copia atopada no Arquivo Ruso de Cinema Documental e Fotografía, no que se aprecian diferentes lugares da nosa vila. Esta información está recollida no blog de Miguel García García,  historiador e ex-alumno do noso centro http://aernobriga.esy.es/ii-republica/jose-suarez/







video

No hay comentarios: