3 may. 2016

GONZALO MOURE!!!

Onte os nenos e nenas de sexto de primaria tiveron  o privilexio de poder charlar con Gonzalo Moure na biblioteca. Era unha visita que agardabamos con impaciencia. Gústannos as súas palabras e as súas historias cargadas de sentimentos, emocións e vida!
 Falamos de   "Palabras de Caramelo", lectura que escollemos para o Club de Lectura este trimestre. Un libro que fala da vida no Sáhara, un lugar que cambiou a vida de Gonzalo e que visita con frecuencia. De aí, das súas vivencias no Sáhara e do seu namoramento polo pobo saharahuí, nace este libro. Porque, en palabras do escritor, "unha realidade provoca a creación dun personaxe". "As ideas para un libro saen da vida". É o que chama "ESCRIVIVIR".


GRACIAS GONZALO POR AGASALLARNOS COAS TÚAS PALABRAS!! 
UN VERDADEIRO PRACER!! ATA PRONTO!!

No hay comentarios: