Onte os nenos e nenas de sexto de primaria tiveron o privilexio de poder charlar con Gonzalo Moure na biblioteca. Era unha visita que agardabamos con impaciencia. Gústannos as súas palabras e as súas historias cargadas de sentimentos, emocións e vida!
Falamos de "Palabras de Caramelo", lectura que escollemos para o Club de Lectura este trimestre. Un libro que fala da vida no Sáhara, un lugar que cambiou a vida de Gonzalo e que visita con frecuencia. De aí, das súas vivencias no Sáhara e do seu namoramento polo pobo saharahuí, nace este libro. Porque, en palabras do escritor, "unha realidade provoca a creación dun personaxe". "As ideas para un libro saen da vida". É o que chama "ESCRIVIVIR".
GRACIAS GONZALO POR AGASALLARNOS COAS TÚAS PALABRAS!!
UN VERDADEIRO PRACER!! ATA PRONTO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario