16 may. 2017

XXX SEMANA CULTURAL E DAS LETRAS GALEGAS (LEDICIA COSTAS)

Hoxe tivemos o pracer de contar coa visita da escritora viguesa LEDICIA COSTAS en sesión dobe!!!
Pola mañán, estivo co alumnado de 5º e 6º de primaria para falar dos seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta", libro co que acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015 e de "Esmeraldina,a pequena defunta". Dous obras que recomendamos aos nosos lectores.





 
  Pola tarde dentro dos Encontros con autores, que vimos levando a cabo dentro da Semana Cultural, Ledicia acompañounos para falar da súa novela "UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA". Un libro de relatos sobre a II Guerra Mundial que non deixa indiferente.Rematamos o encontro cunha conversa distendida, degustando bica e a sinatura de exemplares.
Unha tarde entrañable, agardamos o remate da súa próxima novela para volver a disfrutar da súa compañía.



Anteriormente a este Encontro, levamos a cabo un "Club de lectura"os martes pola tarde. A experiencia foi moi gratificante polo que o vindeiro curso esperamos repetila.


MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES E EN ESPECIAL A LEDICIA POR COMPARTIR TODO ESTE TEMPO CON NÓS!
       UN VERDADEIRO PRACER!!!




No hay comentarios: