31 de maio de 2024

As Familias Contan... Elena

Elena e a súa nai Noelia, esta mañá, viñeron a ler e a representar para os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria o conto:


Marabillosamente lido e representado fixeron unha adaptación:  "Osiña atrapabolboretas". 

Foi un recordo moi fermoso porque a día de hoxe, Elena está en 6º de Primaria a puntiño de iniciar o seu camiño no instituto e a primeira vez que o representou estaba en Infantil empezando no colexio.

4 de maio 2016


31 de maio 2024











Compartiron con todos nós as bolboretas.


Mil grazas FAMILIA por compartir o voso tempo, a vosa ilusión e as ganas de colaborar sempre nas actividades propostas!

Día da Muiñeira 2024

Para rematar o mes de maio celebramos por cuarto ano consecutivo o Día da Muiñeira.

Bailamos todos e todas xuntos a "Muiñeira de Chantada" no patio de Primaria.

A palabra muiñeira, procede de muíño, lugar onde as persoas se xuntaban para moer os grans de trigo, millo, cebada... e como había que esperar... bailábase, cantábase, tocábase algún instrumento.

Muiño de Avical (Bon)



30 de maio de 2024

SONIA HERMIDA

 Esta mañá, os nenos e as nenas de Infantil, gozamos dun obradoiro creativo con Sonia Hermida.

Este obradoiro está deseñado seguindo aos educadores italianos do século XX que traballaban con Bruno Munari en obradoiros sensoriais.

Experimentamos tocándonos o pelo, os pés, distintas texturas de teas, diferentes materiais... para despertar os nosos sentidos.

Conversamos arredor das sensacións. 

Lemos, tocamos, experimentamos libros táctiles. A narración, a poesia, a información pódenos chegar a través das nosas mans.

Para rematar creamos os nosos propios libros táctiles e fomos quen de contar a súa historia!

























Deixa voar a túa imaxinación!


Roteiro a Lagos

 Esta mañá de xoves, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria realizaron un roteiro natural desde o noso colexio ata a praia de Lagos; coñecendo o medio natural no que vivimos.

Estiveron en diferentes puntos naturais: Monte da Vela, humedal de Escorregadoiro, praia de Muscallos, praia de Lagos... dentro do espazo natural de Red Natura.






Grazas a ASBEL pola súa dispoñibilidade e colaboración!


Roteiro ao Campo do Beluso

Este martes, os nenos e nenas de Infantil,  fixemos un roteiro ao campo de fútbol do Beluso, en Laxes, Cabalo.

Foi unha actividade práctica relacionada co Proxecto Documental deste curso: En xogo!

Realizamos unha camiñata pola Recta do Peón, adentrámonos nun sendeiro de monte, subimos unha pequena montaña e alí estaba o campo de fútbol.

Visitamos as instalacións, gozamos vendo como se regaba o campo, xogamos a diferentes xogos e démoslle o balón para marcar gol nas porterías...




Grazas á asociación veciñal ASBEL, en particular a Pepe (O Cachiso), a Noelia e a Ángeles pola súa colaboración. 

Grazas ao Club de Fútbol Beluso, a Jaime e a Sara por acompañarnos no campo.

Xuño de Contos nas Bibliotecas Municipais!

O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas, continúa en xuño co programa “Ler conta moito”, no que se promoverán diversos contacontos nas bibliotecas municipais co fin de achegar a lectura a todas as persoas.

Os días 6, 12 e 18 de xuño desenvolveranse diversas actividades infantís nos espazos das bibliotecas municipais de Bueu, Cela e Beluso.


 O xoves 6 de xuño, ás 18,30h estará Paco Nogueiras na biblioteca municipal de Beluso!Anímate a participar!

28 de maio de 2024

As Familias Contan... Xavi e Mara!

 Yésica, a nai de Xavi e Mara, estivo lendo un bonito e informativo libro sobre:

Conversamos sobre o polbo e a profesión de Yésica, sobre o mar e os animais acuáticos.


Grazas pola lectura e a información!