Desde o ano 2016, a Asamblea das Nacións Unidas, estableceu esta data para promover o empoderamento e a participación plena e equitativa das mulleres e das nenas na Ciencia e a Tecnoloxía.
- Belusiña proponvos este RETO. Entra nos seguintes enlaces e participa:
Memory: https://view.genial.ly/6011bee10f83110d86b0e64a/game-memory-mulleres-na-ciencia
- Ven pola biblioteca e xoga cos escornabots.
- Escoitade con atención ao alumnado de 4º de Infantil expoñendo a biografía de ANN MAKOSINSKI:
- Este ano unímonos o movemento #No More Matildas da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT).
Pequenas biografías de investigadoras neste Anexo para os libros de texto.
- O rescate da meiga Omega é un escape room dixital para Educación Primaria.
- A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña realizou un pequeno vídeo no que participan científicas e investigadoras para dar visibilidade aos seus traballos.
- Este ano 2021 está adicado á científica galega Jimena Fernández de la Vega, xenetista. Foi a primeira muller licenciada en mediciña pola Universidade de Santiago e unha gran investigadora.
- Bibliografía:
E a ti, que che gustaría INVENTAR?
Ningún comentario:
Publicar un comentario