26 de feb. de 2024

Día de Rosalía 2024

 23 de febreiro: Día de Rosalía De Castro, poeta de referencia da nosa literatura.

Fantásticas actividades para conmemorar esta data sinalada: creatividade artística, recitado, voluntariado, obra de teatro, actuación musical...


 

- Camiños de Poesía

Cada titoría elixiu un poema que ilustrou colaborativamente. O fío condutor foi a cociña, as comidas que aparecen nos poemas da nosa poeta universal: os zonchos, a limoada, os boliños do pote...

Todas estas ilustracións forman Camiños de Poesía do que podedes gozar en diferentes localizacións da nosa parroquia. En Rúa Nova de Arriba, en Bon de Arriba e Bon de Abaixo, en Area de Bon, en Cabo Udra, na igrexa, en Cabalo, na Praia de Beluso e todas xuntas ao lado da Casa do Pobo, na biblioteca pública.


Grazas aos voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria pola súa colocación!

Anímate a buscar as diferentes ubicacións!

Parabéns a todas e todos polas ilustracións e polo ben que recitades os poemas de Rosalía!


 --Representación teatral: Rosalía
Dentro do Programa Lectura e Familias, Noelia e Ángeles, mamás de Elena e Noa, crearon unha peza teatral musical, Rosalía, na que nos van narrando, dun xeito moi ameno a vida e obras de Rosalía con música moi actual.
Foi representada por alumnado voluntario de 6º de Primaria.
Gozade da súa actuación e magnífica dirección visualizando este vídeo:
 

 





Parabéns por esta magnífica dramatización!

--Actuación musical: Novos Ventos
A parte musical correu a cargo do grupo Novos Ventos que interpretou diferentes temas de música tradicional: unha alborada, un pasodobre, unha muiñeira... 
Este grupo ten as súas raíces no noso cole, xa que parte dun grupo de música e baile que iniciou a súa andaína no noso centro, levando o seu ben facer por toda Europa durante a década dos oitenta.
Algúns dos seus compoñentes actuais formaron parte da iniciativa.

VIVA ROSALÍA!

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA!

Ningún comentario: