Esta semana na que conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, 23 de febreiro, escoitaremos durante uns minutos durante a entrada ao grupo do Morrazo chamado Astarot cunha versión moi especial do poema Adiós ríos, adiós fontes.
A banda quixo render homenaxe desde o mundo do rock a autores que marcaron a Literatura en lingua galega, como Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Xela Arias ou Celso Emilio Ferreiro, entre outros.
ASTAROT son :
Juán A. Antepazo – Voz principal
Carlos Gandón – Guitarras e voces
Carlos Rodal – Baixo
Nano Vikendi – Guitarras e voces
José M. Piedra - Batería
Espéranos unha semana con moitas sorpresas... Estades preparados e preparadas?
Feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario