As rapazas e rapaces de 3º de Primaria, o venres, participaron dunha clase práctica dun xogo popular moi divertido: A cahiza.
A billarda, estornela ou cachiza (así é como se denomina en Bueu), é un
xogo tradicional de Galicia, considerado deporte dende e ano 2020.
Xógase en moitos lugares de España e do mundo.
Segundo o lugar xeográfico
varían as regras de xogo.
Para xogar necesítase un palán (pau duns 60 cm) e unha cachiza (pau máis
pequeno).
O xogo consiste en golpear co palán a cachiza e cando está no aire,
volver a bater, para lanzalo o máis lonxe posible.
Os
rapaces antigamente, tallaban con madeira o seu propio palán e cachiza personalizándoos pero mantendo un extremo levantado.

Grazas a Manolo Otero e a Pablo (avó de Xián) polas súas fantásticas explicacións e por vir a xogar con nós!