Hoxe, na nosa biblioteca, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de escoitar a José Manuel Rosas, patrón maior da Confraría de Pescadores de Bueu e actual presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, que se achegou ata o colexio para dar unha interesantísima charla sobre diferentes artes e aparellos de pesca: "Can de navalla","Can de ameixa", "Nasas" ,"Raña", "Pandullo", "Raposa"... foron algúns deles.
Rematou a charla facendo unha defensa en prol do mar e do medio ambiente, así como da importancia do "coidado do noso".
O noso máis sincero agradecemento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario