26 de maio de 2025

MINUTOS MUSICAIS!

 


' Equilibrar' representa "a unión de dúas das grandes figuras" da música en galego actual. Hugo Guezeta e Guadi Galego xúntase para buscar a balanza entre o pasado e o presente nun sinxelo producido por Peter Petrowski e que conta co acompañamento ás guitarras de Arón Ferreiro (AROI). O videoclip está dirixido por Adrián Diaño



19 de maio de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 


Poema "Aí vén o Maio" de Florencio Delgado Gurriarán, musicado e interpretado
polo alumnado do Ceip Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras).

16 de maio de 2025

DÍA DA MUIÑEIRA

Rematamos a Semana das Letras Galegas co Día da Muiñeira. Este ano bailamoa a "Muiñeira do Areal" versionada  A Sombra dos Soños, grupo de rock galego e en galego.











15 de maio de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Este curso celebramos aSemana das Letras Galegas coas as seguintes actividades previo ao día da muiñeira:    


·    Luns, 12 de maio.
Actividade: Charla Cofraría de Bueu.
Cursos: Educación Infantil e Educación Primaria






·    Martes, 13 de maio.
Actividades:  Marcapáxinas e traballar as  Unidades Didácticas do Seminario Galán e os carteis enviados por Educación.

 




·    Mércores, 14 de maio.
Actividade: Visita das Cantareiras da Asociación Cultural Retrouso. Entrevista alumnado de sexto a Paula e Alba de Retrouso.
Cursos: 3°,4°,5° e 6°.

 






·    Xoves, 15 de maio.
Actividade:  Obradoiro "Música de  raíz" impartido por Xabier Blanco.
Cursos: Infantil, 1° e 2°.






12 de maio de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 


A Sombra dos Soños é un proxecto de rock en galego formado por músicos que xa tocaran xuntos noutros proxectos, como Requiem ou Khitara.

A agrupación móvese entre diferentes estilos de rock e metal con influencias variadas que abranguen desde o rock dos 70 ata o folk galego, pasando por momentos máis progresivos e outros máis acústicos.

Este ano bailamos a súa versión da Muiñeira do Areal o Día da Muiñeira na Semana das Letras Galegas.

7 de maio de 2025

CORRELINGUA 2025

O martes 7 de maio celebramos, en Cangas, o Correlingua 2025! Reunímonos todos os centros ao lado da Praza de Abastos e fixemos unha marcha ata o aparcamento da praia de Rodeira. Unha vez alí, despois de merendar, o alumnado dos IES de Cangas leron o manifesto a favor da lingua e rematamos cunha gran actuación de Paco Nogueiras na que cantamos e bailamos.















5 de maio de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


Francisco Nogueiras Nodar, coñecido artisiticamente como Paco Nogueiras, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un actor e músico galego.