15 de dec. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 



Nadal de Luintra de Luar Na Lubre é unha peza musical que evoca a maxia do Nadal a través da tradición galega. A canción combina melodías suaves e instrumentos tradicionais para crear unha atmosfera cálida e emotiva, moi ligada ás celebracións propias destas datas. 

Luar Na Lubre é un dos grupos máis emblemáticos da música folk galega, coñecido por recuperar e reinterpretar sons tradicionais de Galicia, incorporando tamén influencias celtas. Ao longo da súa traxectoria, conseguiron levar a música galega a escenarios internacionais, converténdose nun referente do xénero. 

O tema transmite sentimentos de nostalxia, unión e identidade, facendo referencia ás raíces culturais e ao valor das tradicións nun momento tan especial como o Nadal. Co seu estilo característico, o grupo consegue conectar co público e manter viva a esencia da música popular galega. 

En resumo, Nadal de Luintra é unha canción que destaca pola súa sensibilidade e pola súa capacidade de transportar ao oínte a un Nadal cheo de tradición e emoción. 

8 de dec. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




A todas partes é unha das obras máis destacadas de Fillas de Cassandra en colaboración con Çantamarta onde se mesturan tradición e modernidade para crear unha proposta musical única. O tema destaca pola súa forza lírica e polo uso de elementos da cultura galega, combinados con sons actuais que conectan co público novo.

A canción fala de identidade, movemento e pertenza, transmitindo a idea de levar as raíces propias a calquera lugar. A través dunha interpretación intensa e emotiva, as artistas conseguen crear unha peza que non só se escoita, senón que tamén se sente.

En conxunto, A todas partes é un exemplo claro do novo panorama musical galego, onde se reivindica a lingua e a cultura propias cunha visión contemporánea e universal.


24 de nov. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




A colaboración entre Arrhythmia e Rebelión do Inframundo trae o single “Insaciable”, mergullando o oínte nunha atmosfera escura e in tensa. Con beats marcantes e letras que exploran desexos e conflitos internos, a pista combina a enerxía do trap con elementos máis melódicos, creando unha experiencia auditiva envolvente e visceral. O tema central da canción, a busca incesante por algo que nunca se sacia, reflicte a dualidade entre o pracer e o baleiro, característica do estilo de ambos artistas. 

17 de nov. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




Guezos (en barallete -antiga fala dos afiadores ourensáns- rapaces, nenos, cativos) naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicio nal. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folk, e no 2000 grava a maqueta "Guezos" (convertida posteriormente en ál bum), e dá os seus primeiros concertos. A formación inicial estaba composta por Arturo Fernández, Xabier Do mínguez "Morta", Pablo Rodríguez, Roberto Reboiro,Anxo Fernández e Carlos Rivera "Puntxa". Estes comezan a buscaren influencias novas en eidos musicais variados como o Rock ou o Pop, de onde xorde a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo.

12 de nov. de 2025

O MAGOSTO

 

O martes 12 de novembro celebramos o Magosto  con xogos e castañas.

Participou con nós na elaboración de xogos a Asociación Corredoiras. Estiveron moi divertidos e moi ben explicados polos usuarios e usuarias polos membros de Corredoiras.

Os equipos estaban formados por nenas e nenos de diferentes idades que ían rotando polas diferentes estacións. Rematamos cunha castañada moi ben asada por membros da ANPA.





































10 de nov. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 



 

Coa “Canción do Magosto” do proxecto 13 Lúas imos acompañar a semana que imos celebrar o magosto,  a festa do outono na que nos xuntamos para recoller e comer castañas, cantar e divertirse. A letra desta canción describe situacións sinxelas e alegres relacionadas coas castañas, o monte e a convivencia entre amigos e familia.


3 de nov. de 2025

MINUTOS MUSICAS

 




 Xel Prada é un cantautor galego que destaca pola súa sensibilidade musical e polo uso da lingua galega nas súas cancións. No seu tema “Primeiro escoitar”, Xel Prada transmite unha mensaxe clara: antes de falar ou xulgar, é importante escoitar ás persoas e comprender o que senten.

A canción invita á reflexión sobre a importancia da empatía, do diálogo e do respecto nas relacións humanas. Cun estilo íntimo e emotivo, Xel Prada utiliza a música para lembrar que escoitar é o primeiro paso para entender aos demais e convivir mellor.

















30 de out. de 2025

SAMAÍN 2025

 Un ano mais celebramos a nosa festa tradicional “O Samaín” ao longo da mañan do día 30    de outubro, pero xa durante a semana estivemos decorando as portas monstrosas, calacús  en familia, o recuncho das lecturas de medo e a decoración do corredor e entrada da ANPA. O día 30 tivemos a Santa  Compaña polos corredores do centro, a merenda terrorífica, os obradoiros Samaín e os premios para a mellor porta monstrosa e calacú. 



O     PASEO POLO CORREDOR DO ALUMNADO DE SEXTO COMO “A SANTA COMPAÑA”







         CALACÚS SAMAÍN, AS PORTAS MONSTROSAS REALIZADAS POR CADA AULA,              MONSTRUÍÑOS PARA AS PAREDES DOS CORREDORES E OS TALLERES SAMAÍN.









27 de out. de 2025

 



O grupo Mamá Cabra é unha banda galega de música infantil creada no ano 2000 pola profesora e música Gloria Mosquera. O grupo fai cancións para nenos e nenas mesturando música, poesía e elementos da tradición galega. As súas actuacións son moi participativas e buscan que o público cante, baile e aprenda valores a través da música.

A canción “Samaín” é un dos seus temas máis coñecidos para celebrar esta festa tradicional galega. A canción fala do ambiente misterioso e divertido do Samaín, con esqueletos, cabazas e cousas de medo, pero dun xeito alegre para os nenos. Este tema está incluído no disco “Patatín, patatán” do grupo.











Día das Bibliotecas! Teatro inaugural do PDI e da biblioteca!

 Bo día!

 O venres  24 levouse a cabo a inauguración da biblioteca para o curso 25/26 cunha obra de teatro titulada: "Belusiña e os seus amigos escapan do pasado". Esta tiña como obxectivo adicional, facer de elemento motivador e impulsor do PDI, "Belusiña, detective no tempo", polo que os trimestres adicaranse ao pasado, presente e futuro en respectiva orde. Cada curso indagará sobre un tema específico desde unha perspectiva pretérita axudando así a Belusiña e os seus amigos a escapar do tempo no que están atrapados. 

Excelente traballo das alumnas Iria, Daniella e Brais como protagonistas da obra. Esforzáronse nos ensaios durante múltiples recreos e horas de lectura. Tamén aos representantes de cada curso que contribuiron coa súa participación. Por último, ás alumnas Nora e Mariña, que elaboraron a cartelería coa que a obra foi anunciada. 

Disfrutádea! 

 


20 de out. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 



Lontreira é un grupo musical galego formado por Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral. A banda naceu en 2022 e ten raíces na Illa de Arousa e Vigo, combinando estilos como pop electrónico, ritmos latinos e influencias da música tradicional galega.

O nome Lontreira tamén procede dunha praia da Illa de Arousa, lugar que inspira moitas das súas cancións e a conexión coa natureza que aparece nas súas letras.

O seu primeiro disco chámase “Apnea” (2023). Neste álbum mesturan cancións con pequenos poemas e tratan temas como as emocións, a natureza e as experiencias da vida. Entre os temas do disco están este tema Deriva e otros como A fonte, Raposo, Camiñar camiñei ou Corazón de toxo, canción coa que gañaron o concurso “Canción do verán” en Galicia.










13 de out. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 



NAO foi un grupo galego de música rock orixinario da EstradaPontevedra. Estivo activo de 2005 a 2019, tempo no que editou catro álbums de estudio ademais de tres LPs. As letras das súas cancións caracterízanse polo compromiso político e a crítica social.

Membros:

·        Pablo Carracedo "Jasper": Guitarra e voz

·        Gustavo Brea "Gus": Guitarra

·        Antón Fernández "Torroncho": Baixo

·        X. Ramón Iglesias "Amós": Batería
















6 de out. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 






Como estamos rematando a época da vendima que mellor que a canción “Canto da vendimia” de Treixadura. Este grupo comezou en xullo de 1990 cos gaiteiros Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez como membros orixinais. Ao ano seguinte súmaselles Ramón Vázquez, o Chilro, e comezan a desenvolver un estilo propio que ten como eixo fundamental os ritmos, as cantigas e os instrumentos tradicionais galegos.










29 de set. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 





 

A canción Virxe do Portovello é unha proposta musical que mestura tradición, emoción e identidade galega. Interpretada por Rozalén e as  Tanxugueiras, a peza bebe das raíces da música popular galega e das cantigas tradicionais ligadas á espiritualidade e á cultura do mar.

A colaboración achega unha forza especial ao tema: mentres Rozalén aporta unha interpretación íntima e emotiva, Tanxugueiras engaden a súa característica potencia vocal e o seu estilo inspirado nas pandeireteiras tradicionais. O resultado é unha canción que conecta pasado e presente, poñendo en valor a cultura galega cun son contemporáneo.











26 de set. de 2025

CLUB DOS BRAVEIROS E RECRÉATE EN GALEGO

 

Comezamos este último venres do mes a actividade "Recréate en Galego" e volveremos a facela todos os últimos venres de cada mes. A ídea desta actividade vai  encamiñada a recuperar o alumnado galego falante e animar ao resto do alumnado a falar en galego. Realizamos as seguintes actividades:

   Creamos un club co nome “Os Braveiros”.  Puxemos carteis polo cole informando do club, informamos polos distintos cursos de primaria da creación do club e a súa finalidade é  empregar o galego como lingua vehicular na actividade “Recréate en galego”  e o alumnado anotouse de forma voluntaria.





   “Recréate en galego”: Realizaremos o último venres de cada mes un recreo onde os membros do club empregaban como  lingua vehicular o galego. A intención é que o alumnado vaia tomando conciencia de que é capaz de falar en galego e que eles mesmos vaian empregando o galego como lingua vehicular de forma natural máis tempo.

22 de set. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




“Voltarei” é a canción oficial que celebra o regreso do Celta a Europa. Un himno que conecta a historia do club coa de milleiros de galegos e galegas que, nos anos 50 e 60, emigraron a países como Suíza ou Alemaña na procura dun futuro mellor.

Nesta colaboración, Hard GZ rende homenaxe a esa memoria colectiva e ao orgullo de Galicia, unindo música urbana, raíces tradicionais e a paixón do celtismo nun mesmo latexar. 

O título “Voltarei” simboliza a promesa de volver: a dos emigrantes que soñaban con regresar á casa, a do club que volve a Europa, e a dunha afección que nunca abandona ao seu equipo.














15 de set. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 




A canción “Pobo de Artistas” de Dakidarría é un tema que fala da unión entre artistas e da importancia da cultura e da música en Galicia. Nesta canción participan moitos músicos e grupos galegos, creando unha obra colectiva que mostra a forza e a diversidade da escena musical do país.










9 de set. de 2025

ACTIVIDADE COMEZO CURSO RELACIONADO CO PEI

 

O primeiro día de clase  Belusiña, mascota do centro, escribiu unha carta dando a benvida aos Beluseiros e Beluseiras e presentou  o PEI co centro ”Belusiña, detective no centro”.  Belusiña propúxolle ao alumnado viaxar ao longo do tempo, realizando unha serie de retos de investigación sobre o presente, pasado e futuro de diversas temática, cada nivel ou ciclo escollería  a súa ao longo do curso. Como actividade de comezo de curso, na que participou todo o centro, realizamos unha actividade  para introducir o PEI. No patio o alumnado tivo  realizar tres debuxos no que plasmaran cal foi o seu mellor momento no verán (pasado), cal é o seu mellor momento no día de hoxe (presente) e que cal pensa el que será o seu mellor momento neste curso que acabamos de empezar. Posteriormente o alumnado pegou o seu debuxo en tres murais diferentes, o do pasado, o do presente e o do futuro no corredor da entrada ao centro.