5 de abr. de 2017

AS FAMILIAS CONTAN!!

Hoxe ,na Hora de Ler, Loli (mamá de Aixa de Ed.Infantil) contounos un conto que nos encanta
 "TÍO LOBO"Ed.Kalandraka.



E tamén nos recitou dous poemas de Gloria Fuertes:
                                "Cómo dibujar un payaso" y "Cómo se dibuja una bruja".

                                   MOITAS GRACIAS!!!

4 de abr. de 2017

MARUJA MALLO

Con motivo do "DÍA DAS ARTES GALEGAS"celebrado o pasado 1 de abril e adicado este ano á pintora galega Maruja Mallo.Queremos render a nosa pequena homenaxe cunha exposición sobre á artista que pasou un verán na "praia de Beluso", un dos lugares con máis encantos da comarca e tan cercano a nós.


 Máis información:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-maruja-mallo/966721/
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-sin-sombrero/3318136/


Murais realizados polo alumnado de 5º de primaria sobre a pintora!


ABRIL MES DOS LIBROS!!

Ao longo deste mes temos programadas diversas actividades onde os protagonistas son os libros:"as familias contan","apadriñamentos lectores","voluntariado lector",...das que vos iremos informando.
Hoxe arrincamos cunha actividade nova "AS BELUTECAS", unhas maletas cargadas de libros que os voluntarios lectores se encargan de levar ao patio no recreo.Ollade qué éxito!!:




                                         GÚSTANNOS AS BELUTECAS!!!

AS FAMILIAS CONTAN!!

Como todos os anos durante o mes de abril, "MES DOS LIBROS", a nosa biblioteca  convértese nun fervedoiro de actividades na que as familias participan narrándonos historias, recitando, dramatizando...
Hoxe a mamá de Unai (Ed.Infantil ) achegóuse para contarnos dous fermosos contos:
"La vocecita"Michael Escoffier (Kókinos) e "La clase de pintura" (colección Un mundo de emociones, editorial Salvat).



 MOITAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTES FERMOSOS CONTOS!!!

ENTREGA DE PREMIOS!!

O pasado venres repartimos os premios aos gañadores e gañadoras do concurso "MULLERES DCINE.



PARABÉNS!!!

31 de mar. de 2017

FRAN ALONSO!!!

Rematamos o mes de marzo "MES DA POESÍA"coa visita de Fran Alonso na nosa biblioteca.
Con él descubrimos que a poesía ten catro "Patas" como o seu gato :1-As palabras.2-O ritmo.
3-O silencio 4-A maxia.
Con él recitamos e xogamos coas palabras, porque "os poemas  nacen das palabras que están no pensamento".



 GRACIAS FRAN POLOS TEUS POEMAS!!!

28 de mar. de 2017

75 ANOS DA MORTE DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Tal día como hoxe, o 28 de marzo de 1942,  morría o poeta Miguel Hernández, unha das voces máis importantes da literatura española do século XX.
Queremos adicarlle unha pequena homenaxe, desde a nosa biblioteca, recitando o poema." EL CORAZÓN ES AGUA" e un fragmento de "NANAS DE LA CEBOLLA" nun videopoema que podedes ver no canal 3,2,1 ...POESÍA!!!
Pola súa parte, os "Voluntarios lectores", na Hora de Ler, recitáronlle aos seus afillados e afilladas o  poema "El corazón es agua".
Na entrada do colexio, instalamos un recuncho de lectura con libros e versos do poeta,estes últimos,para ler e agasallar.