Belusiña
Eu son a Belusiña si!
Neste colexio eu nacín.
Se ves comigo ata aquí
lerás os libros que eu lin.
Vén! A Belusiña é xenial!
Se ves aquí aprenderás.
Nun conto te meterás.
Na biblioteca ti estarás
e a Belusiña alí verás.
Vén! A Belusiña é xenial!
No recreo poderás quedar.
Os libros moito che axudarán
para os exames estudar.
E aquí isto vai rematar.
Vén! A Belusiña é xenial!
Autoras: CARMEN GARCÍA GARCÍA (6º B)
CARLOTA CASTRO ENRÍQUEZ (6º A)
Grazas a estas dúas rapazas pola fermosa canción e tamén a todos @s moz@s de sexto pola súa colaboración e participación durante todos estes anos. Moita sorte no IES. Volvede a visitarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario