Para celebralo , os nenos e nenas "Voluntarios lectores" de 6º de primaria quixeron agasallarnos con"Sofía e o paraugas máxico", edebé. Un conto que nos fala da importancia da auga !
Ao remate do conto leron a" Carta europea da auga": unha declaración (12 artigos) que establece os principos para facer unha boa xestión da auga, principios que seguen vixentes e que nos comprometen a cuidar deste recurso indispensábel para a vida.
Como colofón, os "Voluntarios" da biblioteca fixeron entrega das mochilas viaxeiras ás titorías así como unha copia da carta europea da auga para traballar e reflexionar sobre ela.
Os nenos e neas novos recibiron cadanseu carné da biblioteca!
Grazas ao noso equipo de "Voluntarios" e grazas a todos e todas por achegarvos ata a nosa biblioteca e compartir !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario