16 de nov. de 2018

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

A biblioteca neste mes está convertida nun laboratorio!
Hoxe venres, o alumnado de Infantil asistiu o primeiro  obradoiro de CONTOS CON CIENCIA.
Un neno de 6º contou o conto: "Un monstro de cores" de Anna Llenas, editorial flamboyant, e a continuación, dividímonos en grupos para realizar un experimento de mesturas de cores cos padriños científicos.






FOI UNHA EXPERIENCIA MONSTRUOSA!!!
O PRÓXIMO VENRES MÁIS!!!

Ningún comentario: