Rosalía de Castro converteuse, este martes 17 de decembro, en universal ao anunciar a
Unión Astronómica Internacional
(IAU) que a estrela HD 149143 e o seu exoplaneta HD 149143 b levarán a
partir de agora o nome da escritora e do
río Sar a carón do cal
viviu e escribiu as súas obras.
(Preme na imaxe para ler a noticia de GCiencia xornalismo+divulgación)
O astro está na constelación de Ofiuco e pode albiscarse cuns prismáticos.
Rosalía de Castro é unha estrela amarela anana, semellante ao Sol. O exoplaneta Sar
foi descuberto en 2015, é un xigante gasoso cunha masa 1,33 veces a
de Xúpiter. Está moi preto da súa estrela e completa unha órbita arredor dela en só catro días, polo que a súa temperatura superficial é moi elevada.
A estrela Rosalía é, deste xeito, o segundo lugar fóra da Terra que leva o nome da autora galega, desde 1994 dálle o seu nome a un cráter no planeta Venus.
“A obra de Rosalía é revolucionaria en forma pero tamén
no fondo; o seu discurso, contrario a toda forma de inxustiza, é
inequivocamente feminista e audazmente ecoloxista na súa defensa e amor
pola natureza, moi presente na súa obra, igual que tamén está moi
presente a noite e os obxectos celestes”
Ningún comentario:
Publicar un comentario