24 de out. de 2024

Día das Bibliotecas

 Hoxe tivemos unha representación teatral polo Día das Bibliotecas. Cinco xéneros literarios tiveron que descubrir o misterio de quen eran e de onde viñan, todo organizado polo terrible... teatro!

Coa participación de catro familias (Álex, Antía, Arantxa e Maika) e dous profesores (Xosé Manuel e Bruno), a obra foi representada para todo o alumnado que se mostrou moi participativo e entusiasmado. Ao final, fomos, como non podía ser de outra maneira, á biblioteca para crear unha historia improvisada e dialogar sobre os motivos polos que nos gusta este espazo. 










Presentación de "As tres vidas e as catro mortes de Roberto Seoane"

 Mañá, 25 de outubro, o escritor Serafín Parcero Pérez presentará o seu último libro na Casa do Pobo de Beluso: "As tres vidas e as catro mortes de Roberto Parcero".


 Animádevos a asistir!

Grazas a ASBEL por organizar este encontro literario!

22 de out. de 2024

Apertura da biblioteca!

 O venres 18 visitounos Tito Otero, un mestre xubilado que dende os 15 anos anda a percorrer o mundo. As súas viaxes levárono a cinco dos seis contenintes (na Antártida non estivo), e en algún deles visitou todos os países contidos! Menudas historias viviu e cantos recordos trouxo consigo.

O proxecto documental deste ano é "Imos de viaxe!" así que pareceunos que podía ser unha boa idea relacionar as súas aventuras con algúns títulos da biblio para que as rapazas e rapaces sepan que, se teñen curiosidade, poden atopar todo nestas catro paredes (son algunhas máis, pero quen as conta...).

Os/as estudantes puideron escoitalo en dúas tandas: unha primeira de 40 minutos para infantil ata 2º de primaria; e unha segunda de 55 minutos de 3º a 6º de primaria. 

Quedaron abraiados!