30 de out. de 2025

SAMAÍN 2025

 Un ano mais celebramos a nosa festa tradicional “O Samaín” ao longo da mañan do día 30    de outubro, pero xa durante a semana estivemos decorando as portas monstrosas, calacús  en familia, o recuncho das lecturas de medo e a decoración do corredor e entrada da ANPA. O día 30 tivemos a Santa  Compaña polos corredores do centro, a merenda terrorífica, os obradoiros Samaín e os premios para a mellor porta monstrosa e calacú. 



O     PASEO POLO CORREDOR DO ALUMNADO DE SEXTO COMO “A SANTA COMPAÑA”










· 

         CALACÚS SAMAÍN, AS PORTAS MONSTROSAS REALIZADAS POR CADA AULA E              MONSTRUÍÑOS PARA AS PAREDES DOS CORREDORES.




27 de out. de 2025

 



O grupo Mamá Cabra é unha banda galega de música infantil creada no ano 2000 pola profesora e música Gloria Mosquera. O grupo fai cancións para nenos e nenas mesturando música, poesía e elementos da tradición galega. As súas actuacións son moi participativas e buscan que o público cante, baile e aprenda valores a través da música.

A canción “Samaín” é un dos seus temas máis coñecidos para celebrar esta festa tradicional galega. A canción fala do ambiente misterioso e divertido do Samaín, con esqueletos, cabazas e cousas de medo, pero dun xeito alegre para os nenos. Este tema está incluído no disco “Patatín, patatán” do grupo.











Día das Bibliotecas! Teatro inaugural do PDI e da biblioteca!

 Bo día!

 O venres  24 levouse a cabo a inauguración da biblioteca para o curso 25/26 cunha obra de teatro titulada: "Belusiña e os seus amigos escapan do pasado". Esta tiña como obxectivo adicional, facer de elemento motivador e impulsor do PDI, "Belusiña, detective no tempo", polo que os trimestres adicaranse ao pasado, presente e futuro en respectiva orde. Cada curso indagará sobre un tema específico desde unha perspectiva pretérita axudando así a Belusiña e os seus amigos a escapar do tempo no que están atrapados. 

Excelente traballo das alumnas Iria, Daniella e Brais como protagonistas da obra. Esforzáronse nos ensaios durante múltiples recreos e horas de lectura. Tamén aos representantes de cada curso que contribuiron coa súa participación. Por último, ás alumnas Nora e Mariña, que elaboraron a cartelería coa que a obra foi anunciada. 

Disfrutádea! 

 


20 de out. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 



Lontreira é un grupo musical galego formado por Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral. A banda naceu en 2022 e ten raíces na Illa de Arousa e Vigo, combinando estilos como pop electrónico, ritmos latinos e influencias da música tradicional galega.

O nome Lontreira tamén procede dunha praia da Illa de Arousa, lugar que inspira moitas das súas cancións e a conexión coa natureza que aparece nas súas letras.

O seu primeiro disco chámase “Apnea” (2023). Neste álbum mesturan cancións con pequenos poemas e tratan temas como as emocións, a natureza e as experiencias da vida. Entre os temas do disco están este tema Deriva e otros como A fonte, Raposo, Camiñar camiñei ou Corazón de toxo, canción coa que gañaron o concurso “Canción do verán” en Galicia.










13 de out. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 



NAO foi un grupo galego de música rock orixinario da EstradaPontevedra. Estivo activo de 2005 a 2019, tempo no que editou catro álbums de estudio ademais de tres LPs. As letras das súas cancións caracterízanse polo compromiso político e a crítica social.

Membros:

·        Pablo Carracedo "Jasper": Guitarra e voz

·        Gustavo Brea "Gus": Guitarra

·        Antón Fernández "Torroncho": Baixo

·        X. Ramón Iglesias "Amós": Batería
















6 de out. de 2025

MINUTOS MUSICAIS

 






Como estamos rematando a época da vendima que mellor que a canción “Canto da vendimia” de Treixadura. Este grupo comezou en xullo de 1990 cos gaiteiros Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez como membros orixinais. Ao ano seguinte súmaselles Ramón Vázquez, o Chilro, e comezan a desenvolver un estilo propio que ten como eixo fundamental os ritmos, as cantigas e os instrumentos tradicionais galegos.