Remata o curso, pero o ano continúa. O alumnado de sexto de primaria despídese dunha etapa na que comezaron a percorrer o camiño da autonomía, o razoamento estruturado e a responsabilidade. Quédanlles agora desafíos vindeiros que terán que confrontar coas ferramentas conseguidas, o que de seguro acadarán, porque todos eles e elas amosaron as súas calidades en múltiples ocasións. Moito ánimo!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
24 de xuño de 2025
Graduación de 6º e fin de curso!
18 de xuño de 2025
OBRADOIRO DE MINILIBROS
Obradoiro a cargo de Electra Menéndez titulado “Creación de minilibros”. Neste obradoiro, dirixido ao alumnado de infantil e primaria, tiñan que crear un minilibro mediante a técnica do collage e partindo dunha palabra e galego. Empregaron para o collage espurgo bibliográfico da biblioteca.
16 de xuño de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
9 de xuño de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
Festicultores Troupe é un proxectode vangarda que busca innovar dentro dos pasarrúas, desmarcándose por completo do resto de charangas xa existentes, achegando un espectáculo para bailar todos os públicos
4 de xuño de 2025
Visita á Ecogranxa Ríomouro
As nenas e nenos de Infantil visitamos o pasado martes 3 de xuño a Ecogranxa Ríomouro en Poio.
O autobús e parte do prezo da excursión foron subvencionados pola Deputación de Pontevedra dentro do programa ambiental "Vive o Rural 2025".
Na ecogranxa interactuamos cos animais e participamos nos seus coidados, alimentándoos, peiteándoos, recollendo ovos...
Na horta, plantamos leitugas, sachamos, regamos e coñecemos o nome de diferentes plantas.
E tamén realizamos xogos colaborativos.
A merenda e a comida estaban riquísimas! E, por suposto, eran moi saudables!
Foi unha xornada moi especial e divertida!
2 de xuño de 2025
MINUTOS MUSICAIS!
.jpeg)








