19 de abr. de 2020

Día 35: 19.04.20 CINE EN FAMILIA: " EL NIÑO QUE DOMÓ EL VIENTO"

















Título orixinal
The Boy Who Harnessed the Wind
Ano


Dirección
Chiwetel Ejiofor
Guión
Chiwetel Ejiofor (Libro: William Kamkwamba, Bryan Mealer)
Música
Antonio Pinto

Reparto
Chiwetel Ejiofor, Maxwell Simba, Joseph Marcell, Aïssa Maiga, Noma Dumezweni, Lemogang Tsipa, Kelvin Maxwell Ngoma, Lily Banda, Beatus Ble Msamange
Xénero
Drama. África. Adolescencia. Pobreza. 
Sinopse
Un neno da República de Malaui  axuda ás persoas do seu pobo construindo unha turbina despois de ler un libro no que se explican os pasos para a súa creación. 
Basada en feitos reais.


Para o diálogo:
É importante o valor da educación. Os pais de William queren darlles unha educación a el e á súa irmá. Unha e outra vez aluden á falta de estudos como un problema. E imos vendo a dificultade, o esforzo e o privilexio que supón o poder ir ao colexio desde a primeira escena co uniforme escolar, ao acceso a unha biblioteca...
Tamén é unha película sobre a familia. Sobre a necesidade de loitar uns por outros, e sobre o amor.
A película está baseada na historia real de William Kamkwamba, e mostra a capacidade dalgunhas persoas de perseguir metas que van máis aló do establecido.
GOZADE CO VISIONADO DESTA FERMOSA PELÍCULA!

Ningún comentario: