16 de maio de 2020

Día 62:16.05.20 MINUTOS MUSICAIS!!!


Esta semana dedicada ás Letras Galegas propoñemos como audición "MILONGA DE AQUÍ" da cantautora galega María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. Un canto á vida e á liberdade moi necesario nestes tempos que vivimos. Disfrutade dela.

RETROUSO
"E quero bailar ao ritmo
Do que vive ilusionado 
E coa voz do silenciado
Cantar quero con paixón
       Coa querenza e coa emoción
   Da que non pretende nada
    Máis que seguir namorada
         Mentres quede corazón"(SÉS)

       MOI BOA SEMANA!!!

2 comentarios:

María José dixo...

Preciosa canción, precioso poema... Debemos vivir ilusionados como di o retrouso

Eva dixo...

Preciosa!!!