24 de abr. de 2020

"HISTORIAS DE LIBRO"

"Cada libro que lemos queda gardado
 no noso peito 
como semente, paxaro ou xabarín" 

Este ano as actividades relacionadas co Día do Libro celebrámolas na casiña, gozando da lectura porque os libros sempre están nas nosas vidas. Fan que riamos, que choremos, que nos emocionemos, que pasemos medo...


Propoñémosvos ser imaxinativos e crear:


 "HISTORIAS DE LIBRO"
Busca na túa casa ou no ordenador portadas de libros. A partir dos títulos inventa e conta unha pequena historia, unha frase, un poema... 

Sería fantástico facelo en familia!

Envía a  túa aportación a biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com.

1 comentario:

Manu dixo...

Que iniciativa máis orixinal!