Hoxe, a entrada do colexio convertiuse nun SALÓN DE PLENOS.
O alcalde de Bueu, Félix Juncal; o concelleiro de cultura e educación, Xosé Leal e Agustín Gallego, edil de mocidade e normalización lingüística participaron nun PLENO EXTRAORDINARIO para tratar diferentes temas que nos preocupan e están relacionados co Proxecto Documental deste curso "Coidemos do noso. Green Future!", por exemplo:
- A eliminación das barreiras arquitectónicas, tanto no colexio como en Beluso.
- A eliminación de plásticos e a redución de residuos.
- O fomento de hábitos saudables.
- A ampliación das zonas de xogo, máis inclusivas e con elementos novos nos parques (rocódromos, porterías, canastras).
- A construción de carrís para bicicletas.
O alumnado mostrouse moi participativo.
Para ler máis sobre esta noticia:
https://concellodebueu.gal/o-alcalde-participa-nun-pleno-escolar-no-ceip-montemogos/
GRAZAS ALCALDE E CONCELLEIROS POR ASISTIR E RESPONDER ÁS NOSAS PREGUNTAS E SUXESTIÓNS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario