O concello de Bueu acaba de editar un calendario cun total de quince láminas do artista local e exalumno do noso centro Josuha Xanbreo para poñer en valor o patrimonio do noso pobo.
Destaca efemérides relacionadas con datas relevantes tanto de mulleres e homes da historia de Bueu, como outras de nivel galego e mundial que fan fincapé en valores como o respecto polo medio ambiente, a igualdade, a cultura, o deporte...
Podes descargalo de balde na páxina do Concello. (Preme na ligazón)
Parabéns Josuha polas fermosas ilustracións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario