Co gallo do DÍA DAS BIBLIOTECAS visitamos a Biblioteca Pública de Beluso para coñecer a súa historia e as súas instalacións.
Da man de Belarmino Barreiro, arquiveiro municipal, soubemos que a Sociedade de Labregos El Progreso de Beluso, traballando todos xuntos, construíron unha casiña para as súas reunións con pedra do monte Borrallido.
Pouco a pouco, con diferentes aportacións, foise creando unha biblioteca a mediados do ano 1934. Aquí estiveron Castelao, Alexandre Bóveda, Johan Carballeira...
Despois da Guerra Civil (1936-1939) o edificio pasa ao Estado. Chegando a estar abandonado. Na década de 1970 pasa a ser unha Biblioteca estatal e arredor de 1996 encárgase do seu coidado o Concello de Bueu.
A BiBLIOTECA PÚBLICA DE BELUSO nace do campo, dos labregos, dos nosos tataravós, bisavós de persoas que pensaban que os libros son moi moi importantes para adquirir CULTURA.
A continuación, da man da bibliotecaria, Rosi, recibimos formación de usuarios e coñecemos a biblioteca.
ANIMÁDEVOS A VISITALA E DESCUBRIR A SÚA MASCOTA!
Moitísimas grazas Belarmino, Rosi e Alberto Moital por acompañarnos neste día tan importante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario