A nosa benquerida escritora e exalumna MÍRIAM FERRADÁNS acaba de gañar o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo DALIAS publicado en Nós Diario. Para a súa lectura preme no título.
Un artigo onde nos descubre un costume da xente da illa que cada 31 de outubro sae de Bueu en barco con flores para poñer no cemiterio de Ons.
"... Cando era nena pensaba que as illas eran flotantes e que estaban ancoradas á terra por cordas xigantes polo de evitar que fuxisen mar adentro...
Que sorte ter unha Illa ancorada á terra!"
MOITÍSIMOS PARABÉNS!
FERMOSO AGASALLO DE NADAL!
Dalias, flores:
Ningún comentario:
Publicar un comentario