Rematamos o primeiro trimestre e con el a lectura no club de "O neno de lume", escrito por Ledicia Costas, publicado por Xerais, acadando unha valoración moi positiva e convidando a todas as amigas e amigos a súa lectura.
Sabedes o motivo da degustación dunha riquísima tarta red velvet?😋
Anímate á lectura desta fantástica novela!
Podedes ler as valoracións na páxina do blog de O club de lectura. Un adianto:
Uma:
O libro " O neno de lume" trata varios temas: o bullying, a amizade, a empatía, temas científicos coma é a meteoroloxía, temas de repostería...
Unha particulidade é que a autora nos fala en segunda persoa. Un detalle que fai que nos metamos na historia.
A comida tamén aparece pero de dúas maneiras diferentes: unha é comer por necesidade e a outra é comer por pracer.
A miña valoración é moi positiva. É un libro moi recomendable.
Un pracer compartir tempo e lecturas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario