A audición desta semana, na que todos e todas estamos desexando a chegada das vacacións de Nadal, escoitaremos a panxoliña "NADAL EN GALEGO", de A Quenlla- Fuxan os Ventos, que podedes levar prestado da biblioteca.
Capela dos Santos Reis en Bueu. Urbano Lugrís.
O seu deseño foi encargado polo Concello a mediados do século pasado a Urbano Lugrís, un dos pintores galegos máis importantes da época e representante destacado do movemento surrealista.
A paixón polo mar está moi presente en toda a obra do artista. Vieiras, buguinas, áncoras, baleas e outros motivos mariños servíronlle a Lugrís para adornar o arco que preside a porta de acceso ao recinto. Foi un proxecto que lle permitiu desenvolverse ao máximo como creador xa que puido combinar deseño, pintura, escultura, arquitectura e, mesmo, a dirección dos traballos.
O feito de estar dedicada aos Reis Magos (os Santos Reis que lle dan nome) fai deste pequeno templo un caso excepcional non só en Galicia, senón tamén en España e o resto de Europa, debido a que son contados os templos erixidos para honrar a Melchor, Gaspar e Baltasar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario