Esta semana, que empeza coa noite de Samaín, escoitaremos "A DANZA MACABRA" do compositor francés Camille Saint-Saëns.
Camille Saint Saëns, inspirado nunha antiga lenda, compón un poema sinfónico basado no poema homónimo de Henri Cazalis, que narra como o Día de Defuntos a morte levántase do inframundo tocando o violín para danzar ao longo de toda a noite cos demais mortos e ao amencer, co canto do galo (interpretado polo óboe) volven as súas tumbas.
A gran pintora mexicana Frida Kahlo está moi relacionada coa figura da catrina.
O día de Defuntos, 2 de novembro, celébrase en México dun xeito moi especial, con flores, velas, comida... Está declarado como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade desde o ano 2008.
"Autorretrato con collar de espiñas e colibrí"
Representación de Frida Kahlo con catrina de Enrique Pacheco:
Feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario